venres, 13 de maio de 2016
MES DAS LETRAS GALEGAS
Xa estamos a mediados de maio. Un mes cheo de acontecementos no colexio: excursións de fin de curso, as festas colexiais e tamén o Día das Letras Galegas. Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado ao poeta da Terra Chá, a Manuel María. O poeta tamén tamén estudou na súa nenez no colexio Marista de Lugo (Academia Galicia).
Esta mañá viñeron pola biblioteca alumnos de 2º ESO A e C para facer un mural colaborativo sobre distintos aspectos da vida e obra do autor homenaxeado, supervisado pola profesora Tamara. Velaquí algunhas imaxes de tan arduo labor!
Logo chegou a quenda dos alumnos de 1º ESO B, que traballaron sobre os principais temas da poesía de Manuel María: amor, natureza (Terra Chá), o compromiso social...
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario