Cos alumnos de 4º ESO promovemos as seguintes actividades: 1. Breves diapositivas xustificando a importancia dos autores elixidos para a literatura universal. 2. Visualización dun fragmento da serie de TV "Ministerio del Tiempo", cap. 11. "Tiempo de hidalgos" (minutos 60-64), nos cales Cervantes se despraza ao século XXI e fica asombrado pola repercusión e fama da súa obra. 3. Realización dun xogo a imitación do popular "Pasapalabra" sobre Cervantes e Shakespeare.
martes, 19 de abril de 2016
SEMANA TEMÁTICA DA BIBLIOTECA (I)
Onte comezamos a celebrar a Semana Temática da biblioteca. Dende o 18 ao 29 de abril visitarannos na biblioteca todos os grupos do colexio que o desexen para coñecer un chisco máis a Cervantes e Shakespeare, os personaxes homenaxeados nesta edición. Precisamente en 2016 festexamos o IV centenario da morte de ámbolos dous autores da literatura universal.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario