"Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Como quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña" (
Memorias dun neno labrego)
O pasado 27 de novembro as letras galegas tinguíanse de loito cunha nova triste: o pasamento de
Xosé Neira Vilas. Xosé Neira Vilas sera recordado polos amantes da literatura galega polo éxito de vendas "
Memorias dun neno labrego", obra que nos marcou a moitos de nós. Hoxe Balbino chora a ausencia do seu creador. Hoxe todos choramos a súa perda.
Máis información en:
"Muere Neira Vilas" in
EL PAÍS, 27 de novembro.
Fundación Xosé Neira Vilas
"Morreu Xosé Neira Vilas" in Galicia Noticias Mediodía, Televisión de Galicia.
"O legado literario de Pepe Neira Vilas" in
Galicia Digital
Ningún comentario:
Publicar un comentario