mércores, 16 de decembro de 2015

GAÑADORES DE CONCURSOS

Xa queda pouco para rematar o trimestre e mailo ano. Como vén sendo tradición, ultima semana lectiva do ano entregamos diferentes premios. Velaquí expoñemos os gañadores:

CONCURSO "NADAL PLURILINGÜE"
Gañadora: Carla Sánchez M. (6ºB)

PREMIO Á CLASE MÁIS LECTORA
Gañadores: 1ºB

QUIZ: "MESA, TRÁGAME"
Gañadora: Martina Suárez G. (1ºB)

QUIZ: "MI NOMBRE ES STILTON, GERONIMO STILTON"
Gañadora: María Pérez L. (2ºC)


luns, 14 de decembro de 2015

BO NADAL PLURILINGÜE

Desde a biblioteca escolar, queremos colaborar cun concurso posto en marcha polo centro. O concurso consiste en descubrir en que idioma están escritas as felicitacións de Nadal que podedes observar na foto.


Todos aqueles que queirades PARTICIPAR, só tedes que ir á PORTERÍA, ler as distintas felicitacións natalicias e deixar na biblioteca nunha folla o voso nome, curso e escribir o idioma que se corresponde con cada felicitación. 


O GAÑADOR TERÁ UN INTERESANTE PREMIO.

O MOUCHIÑO ANÍMAVOS A PARTICIPAR!!!!!!! 

BO NADAL. FELIZ NAVIDAD. MERRY CHRISTMAS.BON NATAL....

NADAL NA BIBLIOTECA CON INFANTIL

O pasado venres os alumnos de 6º Infantil realizaron unha visita especial á biblioteca. Esta visita incluía un contacontos ambientado nestas datas en que estamos mergullados e a felicitación polas festas mediante as árbores de nadal gráficas

mércores, 9 de decembro de 2015

IN MEMORIAM, CARLOS OROZA

"Todas las tardes paseo mi derrota por las calles de Vigo, alguna vez me paro en la orilla y espero algún barco"
CARLOS OROZA

BO NADAL

A Biblioteca Escolar deséxavos ...............................
Ánimos cos últimos exames do ano e logo.....a pasalo ben nestas entrañables festas.

mércores, 2 de decembro de 2015

IN MEMORIAM DE XOSÉ NEIRA VILAS

"Eu son Balbino. Un rapaz da aldea. Como quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña" (Memorias dun neno labrego)

O pasado 27 de novembro as letras galegas tinguíanse de loito cunha nova triste: o pasamento de Xosé Neira Vilas. Xosé Neira Vilas sera recordado polos amantes da literatura galega polo éxito de vendas "Memorias dun neno labrego", obra que nos marcou a moitos de nós. Hoxe Balbino chora a ausencia do seu creador. Hoxe todos choramos a súa perda.

Máis información en:

"Muere Neira Vilas" in EL PAÍS, 27 de novembro.


Fundación Xosé Neira Vilas

"Morreu Xosé Neira Vilas" in Galicia Noticias Mediodía, Televisión de Galicia.
"O legado literario de Pepe Neira Vilas" in Galicia Digital

NADAL


Xa comezamos o mes de decembro. Os rapaces están traballando e estudando moi duramente para superar satisfactoriamente os seus exames do primeiro trimestre baixo o pano de fondo do Nadal. O Mouchiño mándavos os seus mellores desexos para que fagades un pequeno esforzo nestas últimas semanas do ano.

Por certo, esquecíame dicirvos que o Mouchiño vos preparou unha selección de libros ambientados no Nadal e no inverno.