xoves, 22 de outubro de 2015

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Co gallo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares o próximo 24 de outubro, quixemos remarcar no calendario escolar esta data cunha variada oferta de actividades destinadas ao alumnado de Primaria.
A primeira das actividades consistía nunha sesión de contacontos dos libros Soños de andel, de Susana Lamela para 1º e 2º Primaria e do relato "Ser superheroe non é nada doado" pertencente ao libro de Agustín Fernández Paz titulado Contos por palabras . Logo do contacontos, os rapaces de 1º Primaria colorearon uns debuxos que facían referencia á efeméride sinalada. Os rapaces de 2º, 3º e 4º Primaria elaboraron uns contos colaborativos, de xeito que cada un só podía ler e ver a continuación do compañeiro anterior, seguindo as pautas do cadáver exquisito, dado a coñecer polas poetas surrealistas.
Como broche final, os alumnos de 5º Primaria representaron na biblioteca do centro un rap para a ocasión. Que ben o pasamos!!!!!

venres, 9 de outubro de 2015

READING BOOKS IN ENGLISH LANGUAGE

O Mouchiño recibiu unha agardada visita. Hoxe foi visitado por alumnos de 6º Primaria que leron libros en inglés do noso fondo bibliográfico. Velaquí unhas mostras do seu interese.

mércores, 7 de outubro de 2015

RECOMENDACIÓNS DE LIBROS PARA RAPACES DE PRIMARIA

Logo dun semana intensa, o Mouchiño achégase por estas paraxes para facervos unhas recomendacións de libros. Na biblioteca, o Mouchiño colocou tres currunchos con libros destinados aos primeiros lectores, a rapaces do 2º e do 3º ciclo de Primaria. Esperamos que nos facilite a orientación sobre os libros adecuados a cada etapa educativa.
Por outra banda, esta semana recibimos a primeira visita dos rapaces de 1º ESO para realizaren os Proxectos interdisciplinares. Cada martes avanzarán nos seus respectivos traballos empregando o espazo da biblioteca. Moitos ánimos coas vosas pesquisas e indagacións. E, por último, tamén puidemos contar coa presenza de alumnos de 2º ESO, que se aproximaron aos misterios da relixión a ritmo de rap. Unha gratificante experiencia ben coordinada polo profesor Manuel! Parabéns aos alumnos polas súas orixinais e exitosas achegas.