luns, 27 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO (V)

O pasado venres, o grupo de 4ºB acudiu á biblioteca con gallo das actividades do Día do Libro. Os máis deles mostráronse interesados e participativos no noso Quiz literario. Vede con que ímpetu buscan aos catro escritores "misteriosos".

xoves, 23 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO (IV)

E POLA TARDE .........
HONRÁRONNOS COA SÚA PRESENZA, 4ºA E 1ºC.

DÍA DO LIBRO (III)

Por fin chegou o día. Xa é o 23 de abril. Os parabéns de Mouchiño a tódolos Xurxos, Xorxes, Jorge...... Durante o día de hoxe rapaces de 1º, 2º e 4º Primaria pasaron pola biblioteca.
Ademais da lectura en voz alta de episodios destacados do Quijote, os rapaces expresaron por escrito cales eran os seus libros favoritos e o motivo polo que tanto lles gustan. Tomaremos nota para vindeiras adquisicións de libros.
FELIZ DÍA DO LIBRO

martes, 21 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO (II)

Hoxe tivemos a esperada visita de alumnos de 5ºA e 6ºB, pola mañá e pola tarde respectivamente. os dous grupos participaron no maratón de lectura do Quijote.
Despois desta actividade, escribiron o nome dos seus libros favoritos.
Como remate, mostraron moita emoción por participar no QUIZ da biblioteca. Moitas grazas polo voso interese.

DÍA DO LIBRO: (I)

O próximo 23 de abril celebramos o Día do Libro. Dado que este ano se conmemora tamén o 400º aniversario da publicación do Quijote, propuxemos a tódolos grupos unha serie de actividades: En primeiro lugar, realizamos unha "maratón de lectura", na cal cada alumno leu un breve fragmento do episodio de don Quijote cos muíños de vento.
Rematada esta actividade, os rapaces expuxeron en breve cuartillas de papel os seus libros favoritos xustificando a súa elección e depositaron as súas escollas na nosa caixa de suxestións. Finalmente, os rapaces participaron no quiz literario proposto pola biblioteca. Grazas ao público entusiasta de 5ºC e ao seu titor.

venres, 17 de abril de 2015

UN INTRUSO EN MI CUADERNO

El cuento que leí se llama Un intruso en mi cuaderno. Se trata de un niño llamado Javier. Un día empieza a ver mariposas en su cuaderno y hace una lista de los niños de su clase para saber quién es el culpable. El culpable era ¿? y no me lo esperaba. La parte que más me gustó es cuando inventan Javier y C. el nombre de "Nubesodahadairitus" o algo parecido. Nacho Viñas Salgado, 3º Primaria

GENERACIÓN DEL 98 (II)

Desta vez foron os alumnos de 4º ESO A os que visitaron a biblioteca acompañados do seu profesor de lingua castelá. Nela puideron contemplar e ler con curiosidade textos de escritores da "generación del 98": poemas de Machado, escritos de Unamuno, Ortega y Gasset, Jacinto Benavente.
Un bo colofón ao traballo realizado nas aulas ao devandito tema. Houbo tempo tamén para que o Mouchiño recitase algún poema machadiano. O Mouchiño agradece a participación dun público tan entregado e entusiasmado.

mércores, 15 de abril de 2015

GENERACIÓN DEL 98

Esta mañá tivemos na biblioteca a visita agardada de rapaces de 4º ESO. O motivo da visita era darlles a coñecer as obras que temos na biblioteca de autores da "generación del 98". Esta visita aos fondos da biblioteca servía como epílogo ao traballo desenvuelto polo seu profesor e por eles mesmos na aula. En primeiro lugar, a actividade desenvolveuse cunha explicación a xeito de recordó da importancia da "generación del 98 (Antonio Machado, Unamuno)
A continuación, os rapaces e rapazas viron un documental sobre a xeración literaria tratada desde un punto de vista histórico.
Como remate, os alumnos puideron ollar e ler os libros encontrados e escoitar o poema "A un olmo seco".

luns, 13 de abril de 2015

ABRIL, MES DO LIBRO: QUIZ LITERARIO

Xa queda menos para unha data significativa e agardada para tódolos amantes dos libros: o 23 de abril, DÍA DO LIBRO. Neste ano 2015 temos varias efemérides literarias que festexar: o 400º aniversario da publicación da II parte do Quixote (1615-2015) e o 500º aniversario do nacemento de Teresa de Xesús.

Como homenaxe a esta data tan senlleira dende a biblioteca escolar, poñemos á vosa disposición un concurso para os máis intrépidos investigadores.

O concurso consta das seguintes partes:

1º Tódolos participantes deberán adiviñar o nome da catro famosos escritores: un escritor en lingua castelá; un escritor en lingua galega; unha escritora en lingua inglesa e un escritor en lingua francesa.

Para iso poremos ao lado das imaxes, unha pista sobre cada escritor. Esa pista estará escrita na lingua nativa do escritor.

2º Os participantes deberán escribir, como mínimo, dous libros de cada escritor (en total, seis obras).

3º Por último, os rapaces escollerán unha das seis obras escrita e deberán lela. Con esa finalidade, o Mouchiño faralles varias preguntas para corroborar que leron o libro.

PODEDES PARTICIPAR ATA O 29 DE ABRIL. MOITA SORTE A TÓDOLOS PARTICIPANTES

venres, 10 de abril de 2015

PREMIADOS NOS QUIZ

Velaquí os gañadores dos dous QUIZ do segundo trimestre
 
QUIZ "OS BOLECHAS"
Gañadoras : Carla B. G. (2ºA Primaria)
            Carmen V. D (2ºC Primaria)

QUIZ "TOMÉ E O LAPIS MÁXICO"
María P. L. (1ºC)
Os nosos parabéns aos vencedores.

mércores, 8 de abril de 2015

PREMIO Á CLASE MÁIS LECTORA

Comezamos o terceiro e derradeiro trimestre deste curso e quixémolo empezar homenaxeando á clase máis lectora do segundo trimestre.

Os gañadores foron ............ 1ºB de Primaria

Pola súa banda, os lectores máis habituais do segundo trimestre foron
1. Álvaro B. R (1ºB Primaria)
2. Pablo G. M. (1ºB Primaria
3. Máximo C. D. (1ºB Primaria)
Os parabéns de Mouchiño a todo este grupo e ao seu titor.