Ola de novo!
Xa levamos case un mes de curso e quero darvos a benvida a un novo curso cheo de sorpresas e ideas para desenvolver entre todos nós.
Agardo que, neste novo curso, sigamos facendo da biblioteca un lugar para soñar, para emocionarnos e descubrir unha morea de cousiñas.
Por todo isto, anímovos a que nos fagades chegar as vosas propostas e opinións sobre libros, filmes... ou sobre calquera outra cuestión que contribúa a mellorar o seu funcionamento.
RECORDADE:................A BIBLIOTECA É VOSA!!!!!!!!!!!!!!!!
Espérovos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario