A partir de mañá 1 DE OUTUBRO A BIBLIOTECA TERÁ O SEGUINTE HORARIO:Agradecemos a vosa benvida e esperámosvos aquí.DE LUNS A VENRES: 10.00 - 13.30 h. 16.30 - 19.00 h.
martes, 30 de setembro de 2014
NOVO HORARIO A PARTIR DE MAÑÁ
RECORDATORIO:
luns, 29 de setembro de 2014
A BIBLIOTECA, LUGAR DE ENCONTRO
O pasado venres 26 de setembro os alumnos de 1º Primaria C visitaron a biblioteca e asistiron a unha sesión de contacontos do libro "Iago vai á escola". Agradecemos o entusiasmo da profesora Carmiña e dos seus alumnos.
MAFALDA. 50 ANOS
Hoxe 29 de setembro de 2014 celébrase o 50º aniversario desta personaxe creada polo debuxante arxentino Quino.
Mafalda é unha rapaza de 6 anos de idade, moi atenta a todo canto sucede no mundo. Por desgraza, escoita tódolos días na radio e na televisión malas noticias Mafalda que a entristecen, mais sempre mantén a esperanza de que todo teña solución e de que consiga a ansiada PAZ MUNDIAL.
Maís información en: O mundo de Mafalda. 40 anos. 50 anos. Mafalda.A todos aqueles que lestes as historietas de Mafalda, que episodios ou que viñetas recordades con maior interese? Deixade os vosos comentarios.
xoves, 25 de setembro de 2014
HORARIO DE APERTURA E PECHE DA BIBLIOTECA
Quero agradecervos a boa acollida que me brindastes os alumnos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria nestes últimos días. Agradecemos a vosa presenza na biblioteca e anímovos a que sigades entrando.
RECORDADE:
HORARIO DE APERTURA DA BIBLIOTECA EN SETEMBRO: De luns a venres: 09.00 a 13.30 h.
martes, 23 de setembro de 2014
ABRINDO PORTAS
Tomando como base o lema dos Maristas para este curso 2014-2015, queremos "abrirvos as portas" da biblioteca (literalmente) e queremos que este espazo cheo de libros vos permita descubrir novas portas (en sentido figurado) que teredes que abrir ao longo da vosa vida.
AGÁRDOVOSluns, 22 de setembro de 2014
xoves, 18 de setembro de 2014
BENVIDA
Ola de novo!
Xa levamos case un mes de curso e quero darvos a benvida a un novo curso cheo de sorpresas e ideas para desenvolver entre todos nós.
Agardo que, neste novo curso, sigamos facendo da biblioteca un lugar para soñar, para emocionarnos e descubrir unha morea de cousiñas.
Por todo isto, anímovos a que nos fagades chegar as vosas propostas e opinións sobre libros, filmes... ou sobre calquera outra cuestión que contribúa a mellorar o seu funcionamento.
RECORDADE:................A BIBLIOTECA É VOSA!!!!!!!!!!!!!!!!
Espérovos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)