Hoxe tivemos micro aberto na biblio na honra de Rosalía de Castro, alumnado e profesorado viñeron "botar uns versos" baixo o lema SE VOS GUSTA A POESÍA FAGAMOS COMA ROSALÍA!
xoves, 23 de febreiro de 2023
domingo, 12 de febreiro de 2023
DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA 🧬🔭
O pasado venres celebramos o 11F cunha dinámica mediante a que descubrimos feitos importantísimos levados a cabo por mulleres máis importantes aínda.
E tivemos a oportunidade de ter a todas as nosas mulleres de ciencias xuntas 💜
xoves, 9 de febreiro de 2023
TALLER DE BANDA DESEÑADA 💥💬
xoves, 22 de decembro de 2022
Nadal na Biblio 🎄✨
luns, 19 de decembro de 2022
BIBLIOPODCAST MANGA 📻🔊
Moi boas! Hoxe mudamos de formato e
presentamos o noso primeiro podcast! Nesta ocasión teño o pracer de falar con
Mario, Andrea, Santi, Carlos e Gabriel de 2ºB da ESO sobre cómics manga e descubrir algunhas curiosidades sobre este xénero.
Subide o volume! que imos falar sobre debuxos
irresponsables, que é a definición literal da palabra xaponesa manga 😁
venres, 25 de novembro de 2022
CONTOS DA RAPAZADA 👧👱👦👧🏿
Unha das actividades máis xeitosas que temos
este curso é a de CONTOS DA RAPAZADA na que o alumnado do 3º Ciclo (5º e 6º de Primaria) escollen, preparan e contan un conto aos pequenos e
pequenas de Infantil! E xa vos digo que está a ser todo un triunfo porque temos
grupos semanais ata que remate o curso e contos a esgalla!
Déixovos fotos e vídeos dos contacontos que
fixemos ata o de agora. 😍


















































