martes, 9 de xaneiro de 2018

2018

Trala paréntese do Nadal, o Mouchiño volve coas pilas recargadas. Agardamos que estas vacacións fosen ben aproveitadas por todos vós. Agardamos que este 2018 veña cargado de renovadas ilusións.

martes, 5 de decembro de 2017

ESTATÍSTICAS 1º TRIMESTRE

Chegados ao 5º de decembro, cremos pertinente facer una valoración dos préstamos de libros realizados na biblioteca escolar. Tomamos como referencia o período comprendido entre o 15 de setembro e o 5 de decembro dos anos 2016 e 2017.

En canto ao volume de libros prestados, percibimos unha  caída de 387 libros prestados menos que no período anterior (1889 prestados neste curso fronte 2276 no período xa citado do curso anterior).

Analizando os datos por cursos, observamos que en 1º Primaria se produce unha forte baixada de 168 libros (639 no curso actual fronte aos 807 no mesmo período do curso anterior) mentres que en 2º Primaria mantéñense prácticamente os mesmos datos que no curso anterior (5 libros prestados menos; 533 no curso actual fronte aos 538).

En 3º Primaria prestáronse 74 libros menos que no curso anterior (239 fronte a 313)e, así mesmo, en 4º Primaria  tamén se produce unha caída no empréstito de libros (116 libros menos; 149 fronte aos 265 do curso pasado).

Centrándonos agora no 3º ciclo de Primaria, observamos unha  diminución de libros prestados en 5º Primaria  (25 libros menos que no curso anterior; 198 fronte a 233)e un aumento de libros prestados en 6º Primaria de 36 libros, 104 fronte aos 68 do curso pasado.

En suma, podemos dicir que no que vai de curso se manteñen o mesmo número de libros en 2º Primaria, baixa lixeiramente os libros prestados en 5º Primaria, aumenta o número de libros prestados en 6º Primaria e prodúcese unha caída moi significativa no préstamo de libros en 1º Primaria e no segundo ciclo de Primaria..



venres, 1 de decembro de 2017

BO NADAL

Comezamos o mes de decembro e xa empeza a respirar o ambiente propio destas festas. Na biblioteca coa axuda dos usuarios máis habituais construímos con enciclopedias esta orixinal árbore de Nadal.


e fixemos unha pequena selección de libros propios destas entrañables festas que comezamos


xoves, 30 de novembro de 2017

CREACIÓN LITERARIA: A SUPERBIBLIOTECARIA E O LADRÓN DE LIBROS

Todo comezou nunha mañá tranquila, cando a SuperBibliotecaria visitou a aula de 6ºA. Alí observou que non había ningún libro, estaban escondidos. Ninguén sabía onde estaban ata que un neno atopou algún debaixo da mesa.


De repente, atopou una pista. Máis ben, non era unha pista, senón un camiño  que levaba ata unha montaña de libros. Na montaña de libros estaban todos os libros que desapareceran. Alí estaban todos os libros de 6ªA.


Entón, a Superbiblioteca descubriu ao ladrón de libros, quen intentou escapar, pero atrapouno mentres aquel intentaba escaparse. Despois de atrapalo, a nosa heroína meteuno nun cárcere de libros e, finalmente, para celebralo os rapaces e a Superbibliotecaria foron celebrar a vitoria a un Burger King.


Autores: Pedro e Gonzalo, de 6ºA.

VISITA DE FRAN ALONSO

O pasado 28 de novembro recibimos no colexio a visita do escritor Fran Alonso, quen conseguiu engaiolar aos rapaces de 4º Primaria cos seus poemas e coa súa performance. As caras dos rapaces mostraron a boa acollida que lle prestaron ao escritor vigués.




venres, 24 de novembro de 2017

SEMANA DOS DEREITOS DO NENO

Con motivo da Semana dos Dereitos do Neno (20 de novembro) celebrada no colexio, fixemos unha selección de títulos que tratan esta temática. Velaquí unha pequena selección de títulos: