Precisamente, os alumnos de 1º A e 2ºA de Primaria, quixeron obsequia-lo Mouchiño cun contos "continuos", feitos a semellanza dos "cadáveres exquisitos" surrealistas. Velaí un obsequio que quedará exposto na biblioteca.
luns, 15 de xuño de 2015
FELIZ VERÁN
105 publicacións, 1343 visitas ao blog. Hoxe é o último día deste curso académico 2014-2015 en que a biblioteca estará aberta. A partir de mañá e deica o vindeiro curso a biblioteca pechará as súas portas. É hora de darmoslle ao Mouchiño un pequeno descanso para que veña con forzas e ilusións renovadas.
Feliz verán... Pasádeo ben na praia acompañados dun bo libro. Vémonos en setembro.
martes, 9 de xuño de 2015
GENERACIÓN DEL 27
Madrugadores foron os alumnos de 4º ESO. Acompañados do seu profesor de lingua e literatura castelá, adentráronse sixilosamente na biblioteca e reafianzaron todo o estudiado na clase sobre a xeración do 27: Federico García Lorca, Pedro Salinas, Rafael Alberti, Miguel Hernández...
Para refrescar os coñecementos, os rapaces viron un vídeo realizado por Antonio García Megía sobre a xeración de 1927.
Logo dunhas oportunas reflexións do profesor, os alumnos puideron ver e ler unha selección de libros expostos para a ocasión que tiñan como motivo central a xeración literaria do 27.
E mesmo algunha persoa se atreveu a recitar algún poema dos membros desta xeración. Grazas a todos pola vosa resposta entusiasta.
xoves, 4 de xuño de 2015
A BIBLIOTECA, UN LUGAR PARA DISFRUTAR DA LECTURA
A poucas semanas para remata-lo curso, hoxe tivemos a sorte de recibir a inesperada (pero ilusionante) visita dos alumnos de 6ºC á biblioteca. Durante uns minutos estiveron na biblioteca lendo individualmente e en silencio unha selección de libros en galego a iniciativa do seu profesor Rubén. Un saúdo a todos vós.
luns, 1 de xuño de 2015
HORARIO DA BIBLIOTECA NO MES DE XUÑO
O Mouchiño quere darvos ánimos para afrontar estas últimas semanas de curso. Ánimos rapaces e rapazas! Asemade, O Mouchiño quere tamén informarvos do horario da biblioteca escolar durante este mes de xuño.
HORARIO BIBLIOTECA ESCOLAR - MES DE XUÑO
Luns - Venres: 09.00 - 13.30
A Biblioteca escolar estará aberta ata o 15 de xuño. A partir desa data estará pechada deica o curso que vén.
mércores, 27 de maio de 2015
EN BUSCA DEL ORO PERDIDO
Había una vez unos señores que trabajaron duro para buscar oro y fuego azul para investigarlo
¡De repente, aparece un malvado y su araña adiestrada! El primero que se enteró fue el perro con su ágil olfato.
Alguien llama a la policía pero, rápidamente, aparece un ninja y su compañero. Nuestros protagonistas consiguen vencerlos tras una dura contienda.
llega la policía y ve que ya están derrotados y les dan las gracias.
Autor: Gonzalo R. S. (4º Primaria)
EL PRESIDIO DE PAPÁ NOEL
Érase una vez un señor llamado Papá Noel, quien en sus vacaciones iba con su familia a Hawái. Su viaje era muy cómodo
Mamá Claus: ¡Qué calor! Me voy a comer un polo.
Hijo Claus: !Al portal! !Cuidado con el túnel!
Transportador de maletas: ¡¡¡¡Vamos demasiado rápido!!!!
Policía: ¿Quién conduce este trineo? Lo voy a detener.
Santa Claus: Lo conduzco yo.
Policía: Entonces....Está usted detenido.
Pero, mientras estaba en la cárcel, Santa Claus se escapó...
(CONTINUARÁ)
Autores: Rodrigo C (5ºC) Manuel S. (2ºA)
luns, 25 de maio de 2015
O MALVADO TRUFÓN
Tres gatiños escapan ao bosque e soben a unha árbore. Cerca deles, o malvado Trufón coloca uns cactos debaixo da árbore, prende o lume e pon una serpe. Pobres gatiños!
A raíña non atopa os gatos e pídelle auxilio á policía. A policía atopa os gatiños no bosque. Levan canda eles aos seus cans, adestrados para importantes misións. Onde estarán os gatiños? A policía descobre que Trufón intenta matar os gatiños para poder someter o reino.
A policía arresta ao malvado Trufon e, entón, a Raíña dálle un premio: o premio á mellor policía desde hai cincuenta anos. Grazas! Como homenaxe, a Raíña tamén ordena facer un monumento da policía salvando aos gatiños. Grazas a eles, os gatiños están salvados.
Autora: Claudia S. (3º Primaria)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















