xoves, 6 de novembro de 2014

SESIÓN DE CONTACONTOS: ¿COMO DORMEN AS OVELLAS?

Logo das celebracións do Samaín, moitos quedamos asustados ao ver figuras monstruosas polas nosas rúas. Os monstros, meigas, lobishomes fixeron que tivésemos problemas para durmir....... ¿QUE FAS TI CANDO TES PROBLEMAS PARA QUEDAR DURMIDO? ......Contar ovellas? Pois aquí vos deixo unha pregunta para os alumnos de 2º Primaria: ¿COMO FAN AS OVELLAS PARA QUEDAR DURMIDAS CANDO NON LLES ENTRA O SONO? O xoves e o venres....... TEREDES A RESPOSTA

mércores, 29 de outubro de 2014

ACTIVIDADES SAMAÍN/ HALLOWEEN

A Biblioteca Escolar e mailo Departamento de Bilingüismo realizaron actividades lúdico-festivas sobre o Samaín e o Halloween para os rapaces de 3º e 4º Primaria.Os rapaces de 3º Primaria asistiron a un teatro de guiñois coordinado pola profesora Alejandra e un grupo de dispostos rapaces de 3º e unha sesión de contacontos en galego ("A bruxa enrabechada")

PROXECTO INTERDISCIPLINAR

Esta mañá acollemos na biblioteca aos rapaces de 1º ESO cos seus proxectos interdisciplinares sobre tres grandes civilizacións: a grega, a romana e a exipcia. Velaquí algunhas mostras do seu labor investigador.

luns, 27 de outubro de 2014

CONTACONTOS: "FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS"

Trala sesión de contacontos do venres co grupo de 1º A, hoxe foi a quenda de 1ºB e 1ºC. 1º Lémoslles o conto de "FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS" (OQO EDITORA) 2º Escribiron os rapaces cadanseu medo na metade dun papel. 3º Depositaron os seus medos nun baúl 4º Despedíronse dos seus medos cunha forte gargallada 5º Elaboraron unha marcapáxinas coa figura dun monstro.

venres, 24 de outubro de 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Con motivo do Día das Bibliotecas, e dada a proximidade do Samaín, realizamos unha sesión de contacontos cos rapaces de 1º Primaria A.
Logo da sesión de contacontos, os rapaces expresaron os seus medos nunha folla e gardáronos nun para soterralos
Esquecidos os rapaces dos seus medos, fixeron un marcapáxinas terrorífico propio de tan aterradoras datas.
Moitas grazas a Pilar e a este público tan entregado. FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!

xoves, 23 de outubro de 2014

SAMAÍN

Como sabedes, queda pouco máis dunha semana para Samaín. O Samaín é unha festa de orixe celta que celebra o comezo do inverno para este antigo pobo. Precisamente coincidindo co inverno, as noite empezan a ser máis longas e máis escuras e, por esta razón, a liña divisoria entre o mundo dos vivos e dos mortos era moi tenue nestes días. De aí que no moderno Halloween se estendese o costume de disfrazarense as persoas de figuras fantasmagóricas e aterradoras Para celebrar esta efeméride, tedes á vosa disposición na biblioteca do centro unha selección de libros ambientados nesta festa. LÉDEOS.

luns, 20 de outubro de 2014

CARNÉ DA BIBLIOTECA

Aínda que a maioría xa o sabedes, cómpre recordar o emprego do carné da biblioteca. Todos aqueles que queirades levar prestado un libro para o voso domicilio debedes facer un carné da biblioteca. Con el, poderedes pedir o préstamo dun libro durante 15 días prorrogables. Cada vez que leades 21 libros (e comprobemos que os lestes), cambiaredes de cor. Aquí vos mostro os primeiros:

.