mércores, 10 de outubro de 2018
SELECCIÓN LIBROS DO OUTONO
Xa chegamos aos 100.000 libros prestados na biblioteca e superamos as 6000 visitas no blog! Aquí vos deixamos como regalo unha selección de libros para que vos divirtades este outono.
xoves, 27 de setembro de 2018
HORARIO DE OUTUBRO A MAIO
6000 visitas ao noso blog, 99.846 libros prestados desde a biblioteca comezou a funcionar....Estes datos convidan ao optimismo, mais recordámosvos que todo o mérito é voso. Sen vós non conseguiriamos estas cifras esperanzadoras.
Un saúdo.
Aproveitamos tamén estas liñas para vos lembrar que a partir do 1 de outubro a biblioteca escolar terá o seguinte horario:
LUNS: 09.30-13.00; 16.30-18.30
DE MARTES A VENRES: 10.00-13.00; 16.30-18.30
mércores, 19 de setembro de 2018
INICIO DE CURSO 2018-2019
Benvidos ao curso 2018-2019. Para este curso o Mouchiño tenvos preparadas algunhas sorpresas.
Entre elas dividiremos os premios aos alumnos máis lectores e ao grupo máis lector en dúas categorías. A primeira das categorías comprenderá 1º e 2º Primaria, mentres que a segunda categoría abranguerá dende 3º ata 6º Primaria.
Tamén neste curso chegaremos aos 100.000 libros prestados pola biblioteca escolar dende a súa inauguración aló polo ano 2002.
Agardamos que este curso que comeza nos traia boas noticias.... Un saúdo
venres, 15 de xuño de 2018
ÚLTIMOS DÍAS
O vindeiro 21 de xuño rematarán as clases e consideramos que este é un momento idóneo para facer valoracións sobre o curso.
En primeiro lugar, queremos agradecerlle a toda a comunidade educativa o aumento de préstamos de libros durante este curso 2017-2018: 5452 libros prestados, o que supón un aumento de 56 libros con respecto ao curso anterior.
En canto á distribución de préstamo de libros por curso, observamos un notable aumento de préstamo de libros en 3º Primaria, 5º Primaria e, sobre todo, en 6º Primaria. Polo contrario, en 2º e 4º Primaria percibimos un significativa baixada.
Agradecemos tamén a ilusión mostrada polos alumnos de 1º Primaria, que volveron superar os 2000 libros prestados por segundo curso consecutivo. Parabéns a 1ºA por se-la clase máis lectora e a Lía A. V. por ser galardoada como a alumna máis lectora.
FELIZ VERÁN A TODOS VÓS.
mércores, 9 de maio de 2018
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Xa pasamos a primeira semana de Maio e comezamos a prepararnos para celebrar a Semana das Letras Galegas, do 14 ao 18 de maio. Desta volta, como xa é sabido por todo a homenaxeada é María Victoria Moreno, estremeña de nacemento e galega de adopción. Congratulámonos da elección da cuarta escritora para celebrar esta efeméride e celebramos a súa elección polo que representa. A seguir reproducimos unas palabras da autora:
"A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor"
( declaraba María Victoria Moreno, en 1993, no congreso "Poetas alófonos en lingua galega")
luns, 23 de abril de 2018
SEMANA TEMÁTICA DA BIBLIOTECA
Co gallo do Día do Libro, dende hoxe ata o 27 de abril celebraremos a Semana Temática da Biblioteca, que nesta nova edición terá como eixe temático a Idade Media, aproveitando o regreso á nosa cidade do Pergamino Vindel durante os meses de outubro a marzo.
As actividades deseñadas para este ocasión comprenderán dende o bits de intelixencia sobre a roupa medieval, pasando polos pasapalabras do Medioevo así como a visualización de vídeos que contextualicen esta etapa da historia.
martes, 3 de abril de 2018
SEMANA DO CÓMIC (III)
Tralo parón da Semana Santa, volvemos coas forzas renovadas para continuar coa Semana do Cómic. Cos alumnos de 4º Primaria aprofundamos sobre as viñetas humorísticas a través dunha presentación e logo crearon eles mesmos as súas propias tiras cómicas. Grazas polo entusiasmo mostrado!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)