martes, 20 de marzo de 2018

SEMANA DO CÓMIC(II)

Onte pola tarde tivemos a fortuna de contar co alumnado de 5ºB de Primaria. Logo da súa media hora de lectura silenciosa sostida, visitáronnos na biblioteca.

Comeza a sesión vespertina, realizando de maneira grupal un Kahoot sobre os elementos do cómic. 8 respostas correctas sobre 15. Non está nada mal!

Posteriormente, organizados en grupos de catro, os rapaces e rapazas tiñan que responder a un QUIZ sobre Tintín ou a outro sobre Astérix e Obélix. Para realizar o quiz tiñan que ler 4 libros de cada una desas coleccións. 

Pasamos unha boa tarde lendo cómics en galego....como podedes observar

venres, 16 de marzo de 2018

SEMANA DO CÓMIC

Xa o estabades agardando. Por fin chega a Semana do Cómic en Galego pouco antes da Semana Santa. Esta vez teremos algunhas novidades das que vos falaremos a próxima semana.

Como antesala desta celebración, deixámosvos uns Kahoots para que vos animedes a facelos:

Kahoot sobre a Semana do Comic (ESO)


Kahoot sobre a Semana do Cómic (Primaria)

venres, 23 de febreiro de 2018

BOOKCROSSING

E comeza a funcionar o bookcrossing para Educación Infantil...Non esquezades coller un libro, devolvelo e novamente coller outro.


xoves, 8 de febreiro de 2018

ENTROIDO NA BIBLIO (II)

Para os rapaces de 4º, 5º e 6º Primaria organizamos un pasapalabra sobre o antroido. Buscando e buscando, mirade que ben o pasan!




Aproveitamos estas liñas para desexarvos que o pasedes ben nestas festas carnavalescas.

luns, 5 de febreiro de 2018

ENTROIDO NA BIBLIOTECA (I)

Ante a proximidade do carnaval, na biblioteca escolar propuxémoslles aos rapaces de 2º Primaria e aos de 3º Primaria adiviñar o nome de 10 máscaras tradicionais do Entroido galego. Inauguraron o xogo os atentos e espelidos rapaces de 2º Primaria C.


martes, 9 de xaneiro de 2018

2018

Trala paréntese do Nadal, o Mouchiño volve coas pilas recargadas. Agardamos que estas vacacións fosen ben aproveitadas por todos vós. Agardamos que este 2018 veña cargado de renovadas ilusións.