mércores, 14 de xuño de 2017

GAÑADORES DO "CONCURSO DE POESÍA"

E os gañadores do Concurso de Poesía (convocado polo equipo PLEI) foron:

Claudia G. G. (5ºC)

Sofía R. C. (3º ESO B)

Os nosos parabéns ás gañadoras.

ESTATÍSTICAS 2016-2017

Cando xa quedan poucos días para o remate deste intenso curso 2016-2017 cómpre facermos valoracións. A seguir expoñémolas de maneira concisa:


* Aumento dos libros prestados pola biblioteca escolar. Prestáronse un total de 5376 libros, 418 libros máis ca no curso anterior. 


*Aumento do servizo de préstamo de libros no 1º ciclo de Primaria. Neste curso prestáronse 3391 libros no 1º ciclo de Primaria: 2150 libros prestados corresponden a 1º Primaria e 1241, a 2º Primaria. Constatamos un subida de 843 libros prestados (498 libros, en 1º Primaria e 345, en 2º Primaria). Trátase dunha noticia moi positiva trala pequena caída de lectores experimentada en 1º Primaria no curso 2015-2016


*Descenso nos libros prestados no 2º ciclo de Primaria. Ata o de día de hoxe, 14 de xuño, lévanse prestados 1208 libros fronte aos 1765 no mesmo período do curso pasado, o que supón un descenso de 557 libros prestados. A caída é máis significativa en 4º Primaria, pois o descenso é de 519 libros prestados (544, no curso 2016-2017 fronte aos 1063, no curso 2015-2016. Polo contrario, en 3º Primaria produciuse un lixeiro descenso, con 38 libros prestados menos (664 libros fronte aos 702 do curso pasado).

 * Aumento de libros prestados en 5º Primaria e lixeiro descenso de libros prestados en 6º Primaria. En 5º Primaria produciuse unha subida de 173 libros prestados en comparación ao curso pasado (491 libros prestados no curso actual fronte aos 318, do curso pasado). Na vertente contraria, prestamos 65 libros menos en 6º Primaria (105 fronte aos 170 do curso 2015-2016)


* Aumento significativo de libros prestados en Secundaria. Durante este curso prestáronse 140 libros en Secundaria, un 53 % máis que no curso anterior. Esta suba explícase grazas aos grupos de 1º ESO B (55), 3º ESO B (26) e 3º ESO C (25).

xoves, 25 de maio de 2017

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (III)

Si, prezados internautas. Aínda continuamos celebrando a Semana das Letras. Desta volta, tivemos a fortuna de contar na biblioteca con rapaces de 1º ESO C e 3º ESO C entre nós. Para eles preparamos un entretido pasapalabra sobre aspectos da vida e obra de Carlos Casares.

luns, 15 de maio de 2017

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2017

Comezamos a agardada Semana das Letras Galegas. Hoxe tivemos a fortuna de contar coa visita dos grupos de PRimaria de 5ºC, 3ºC, 1ºA e 1ºB. Cos alumnos de 1ºPrimaria fixemos un pequeño percorrido pola vida de Carlos Casares, lemos en voz alta o fragmento "A bomba da felicidade" (extraído do libro A GALIÑA AZUL) e finalmente fixemos uns pasatempos para lembrar o xa emplicado Os alumnos de 3º Primaria e 5ºPrimaria contestaron por parellas as preguntas dun encrucillado ad hoc co obxecto de lembrar algúns episodios vitais do autor ourensán.

luns, 8 de maio de 2017

CARLOS CASARES, DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017

Xa quedan poucos días para chegar a unha data sinalada no noso almanaque, o Día das Letras Galegas. Nesta edición o homenaxeado é Carlos Casares, unha das figuras destacadas da narrativa de posguerra en lingua galega (Nova Narrativa Galega) e figura clave no activismo cultural en lingua galega durante este período (membro da RAG, presidente do Consello da Cultura Galega, director da editorial Galaxia....) amais da súa incursión na vizosa literatura infantil Ao longo da semana que vén celebraremos na biblioteca escolar a Semana das Letras Galegas dedicadas a este persoeiro da nosa cultura, con nítidos vencellos coa nosa cidade.
>

WEBS DE CONSULTA SOBRE CARLOS CASARES

* Fundación Carlos Casares. 

*Ficha de Carlos Casares en Biblioteca Virtual Galega.

mércores, 3 de maio de 2017

GENERACIÓN DEL 98

Onte tivemos a fortuna de recibir aos alumnos de 4º ESO na biblioteca. Durante a súa estancia, recapitulamos o que xa viran sobre a "generación de 1898", visualizamos un breve vídeo sobre o contexto histórica desta xeración literaria e, finalmente, tivemos a posibilidade de ler una pequena escolma de poemas máis representativos desta época.