mércores, 17 de febreiro de 2016

ESTATÍSTICAS

Xa estamos no ecuador do segundo trimestre e pensamos que é un bo momento para recapitular datos sobre os índices de lectura na nosa biblioteca.

CLASES MÁIS LECTORAS

1ºposto: 1ºB -> 356 libros lidos.
2º posto: 2ºB -> 313 libros lidos.
3º posto: 1ºC -> 313 libros lidos.
4º posto: 4ºA -< 274 libros lidos.
5º posto: 1ºA -> 239 libros lidos.
6º posto: 4ºC -> 166 libros.
7º posto: 4ºB -> 164 libros.


RÁNKING DE LECTORES MÁIS ASIDUOS

1. Lucía P. M. (1ºC) -> 54 libros lidos.
2. Martina S. G. (1ºB) -> 40 libros.
3. Pablo G. M. (2ºB)-> 40 libros.
4. Sheyla C. C. (1ºB) -> 38 libros.
5. María P. L. (2ºC) -> 38 libros.
6. Sergio M. O.(1ºB)-> 35 libros.
7. Álvaro F-A. F. (1ºB) -> 32 libros.

mércores, 3 de febreiro de 2016

9000 VOLUMES NA BIBLIOTECA

AVISO
O Mouchiño informa que a biblioteca xa acadou a cifra de 9000 volumes catalogados. Tédelos á vosa disposición. Velaquí os últimos libros en chegaren.

VIVINDO O ENTROIDO (III)

O Oso de Salcedo, a voda da Pita, o enterro da Sardiña, o Domingo Fareleiro.....Desta volta foi a quenda de 5ºC de Primaria. Que animados indagaban sobre o entroido!!!!

martes, 2 de febreiro de 2016

VIVINDO O ENTROIDO (II)

Vergalleiros, charrúas, choqueiros....Desta vez foi a quenda dos alumnos de 5ºB de Primaria. Os rapaces e rapazas deste curso usaron ordenadores, libros de consulta e mesmo algunhas fotocopias agochadas na biblioteca para indagar o nome das máscaras do concurso. Velaí unhas mostras das súas pescudas.

luns, 1 de febreiro de 2016

VIVINDO O ENTROIDO (I)

Nesta semana terán lugar as celebracións do entroido no colexio. Como complemento ás actividades que se levarán a cabo, desde a Biblioteca promovemos un pequeno concurso que ten como finalidade aprofundar no coñecemento das máscaras típicas do Entroido na nosa terra.
Os primeiros en participar foron os alumnos de 6ºC.

martes, 19 de xaneiro de 2016

ESTATÍSTICAS: AUTORES MÁIS LIDOS

Hoxe tócanos facer números e estatísticas. Repararemos nesta ocasión nos títulos e autores más lidos polos rapaces do centro. Velaquí a nosa listaxe dos autores máis lidos.
1º Pepe Carreiro. O autor da colección Os Bolechas segue sendo un curso máis o escritor máis lido polo alumnado do centro. 300 préstamos de libros dos Bolechas confírmano como autor en lingua galega máis lido no centro, sendo o libro Os Bolechas educan a Pepiño Chispa o máis requerido.
2º Gerónimo Stilton e Tea Stilton. A autora Elisabetta Dami cos seus pseudónimos referidos segue sendo unha escritora de referencia para rapaces de 7 e 8 anos. No que vai de curso, rexistramos 263 préstamos de libro da autora.
3º Violeta Denou. A coñecida escritora da colección TEO é unha das máis lidas polos primeiros lectores. 60 préstamos de libros da autóra convértena en escritora de culto para os que se inician na lectura.
4º Ludger Jochmann (tamén coñecido co pseudónimo de Knister) é escritor de referencia sobre todo para rapaces de 8 anos en adiante. 63 préstamos do autor (sobre todo, da colección Kika Superbruja)eríxeno nesta cuarta posición.
5º Jeff Kinney. O coñecido autor da serie "Diario de Greg" é un autor de culto para rapaces de 9 anos en adiante. 60 préstamos de libros da colección referida convérteno no autor preferido dos rapaces de 4º, 5º e 6º Primaria.

martes, 12 de xaneiro de 2016

SELECCIÓN DE LIBROS EN INGLÉS

Xa remataron as vacacións de Nadal e o Mouchiño xa está de volta. O Mouchiño xa tiña ganas de volver á vosa biblioteca con renovados ánimos e vitalidade. Esperamos contar coa vosa colaboración, presenza e ilusión neste ano 2016. O Mouchiño está argallando sorpresas para este segundo trimestre. Irémolas avanzando en canto el nos dea o seu consentimento.


Polo momento, o Mouchiño tráenos unha selección de libros en inglés e anímavos a que os leades.