mércores, 26 de novembro de 2014
SEGUIMOS INDAGANDO...
Os nosos interesados paleontólogos de 4ºA indagaron en busca do animal prehistórico agochado e na evolución dos homínidos.
martes, 25 de novembro de 2014
EXPOSICIÓN: A PREHISTORIA E A EVOLUCIÓN HUMANA
Esta mañá os alumnos de 4ºC visitaron a exposición sobre a prehistoria que temos na biblioteca escolar. No seu percorrido cara ao pasado contaron con tres guías de luxo (Sara, África e José de 1º ESO C) que nos ilustraron cos seus coñecementos sobre a vida prehistórica.
A visita guiada concluíu coa participación dos rapaces e rapazas nos dous concursos que temos en marcha (Animais extintos e ¿Quen é quen?), dos que xa vos falamos en publicacións anteriores.
luns, 24 de novembro de 2014
CLAUSURA SEMANA DOS DEREITOS DO NENO
Velaí o mural que deseñaron os rapaces de 1º, 2º e 3º Primaria sobre os Dereitos do Neno. Grazas pola vosa colaboración.
xoves, 20 de novembro de 2014
¿QUEN É QUEN? / ANIMAIS EXTINTOS
Dende o luns está a vosa disposición na biblioteca o CONCURSO: QUEN É QUEN?, un xogo divertido para descubrir máis sobre os homínidos. Animádevos a participar e probade sorte.
Paralelamente temos na biblioteca outro concurso en marcha sobre ANIMAIS EXTINTOS. Intentade descubrir o nome do animal que está ao lado do interrogante:
RESPOSTA: ____________________________
SEMANA DOS DEREITOS DO NENO:3ºB e 1ºC
Onte, mércores 19 de novembro os alumnos de 3º Primaria B quixeron achegar o seu gran de area á efeméride que celebramos hoxe.
Os alumnos de 1º C de Primaria tamén se quixeron unir aos festexos deste día que cómpre non esquecer en todo o ano.
martes, 18 de novembro de 2014
SEMANA DOS DEREITOS DO NENO (II)
Hoxe os rapaces e rapazas de 2ºC expresaron nun mural os seus desexos para todos os nenos e nenas do mundo, logo de escoitaren o conto "O neno sen nome", da editorial Baía Edicións.
luns, 17 de novembro de 2014
EXPOSICIÓN DURANTE A SEMANA DAS CIENCIAS
En colaboración cos Departamento de Ciencias, nesta semana realizaremos exposicións e proxeccións de vídeo dedicadas á evolución humana, en paralelo a outros actos que se celebrarán con motivo da SEMANA DAS CIENCIAS.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















