luns, 17 de novembro de 2014

CONTACONTOS SOBRE OS DEREITOS DO NENO

Imaxinádesvos a vós mesmos sen ter un nome, sen saber que sodes nin de onde vides. Precisamente sobre a procura da identidade de cada un trato a primeira sesión de contacontos deste luns dirixida a rapaces de 1ºA. Os seguintes días pasarán pola biblioteca alumnos de 1º, 2º e 3º Primaria. Os alumnos de 1ºA asistiron a unha sesión de contacontos: "O NENO SEN NOME", editorial Baía Edicións e, a continuación, fixeron un mural na biblioteca no que expresaban os seus mellores desexos para todos os nenos do mundo. Velaquí algunhas fotos.

sábado, 15 de novembro de 2014

DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO NENO E DA NENA

O vindeiro 20 de novembro conmemórase a aprobación da Declaración dos Dereitos do Neno, por todo isto dende a biblioteca queremos render homenaxe a esta efeméride e resaltar a importancia que teñen os nenos no porvir da humanidade.

1º QUIZ: ¡MÉSA, TRÁGAME!

Aquí vos deixo o segundo quiz. Esta vez as preguntas tratan sobre o libro de Gabriela Keselman, ¡Mesa, trágame!, da editorial Edelvives. Haberá premios para os gañadores. Animádevos a participar.

xoves, 13 de novembro de 2014

MAGOSTO

Unha das festas por antonomasia en Galicia é o MAGOSTO, unha data na que rendemos homenaxe á CASTAÑA. Velaquí algunhas mostras do labor de voluntariosos rapaces de 1º ESO decorando a biblioteca.

martes, 11 de novembro de 2014

1º QUIZ: "CAPITÁN CALZONCILLOS"

Agora que xa levamos máis de dous meses de cursos, xa empezamos a descubrir as vosas preferencias literarias. Para refrescar a memoria déixovos neste blog un QUIZ (concurso de preguntas) sobre o libro "EL CAPITÁN CALZONCILLOS Y LAS AVENTURAS DE SUPERPAÑAL". Facédeo con ATENCIÓN, pois haberá premio para a persoa gañadora.

luns, 10 de novembro de 2014

CONTACONTOS: QUE CONTAN AS OVELLAS PARA DURMIR?

Velaquí unha imaxe do contacontos que realizamos para 2º Primaria o pasado xoves e venres. Grazas a un público tan entusiasta e colaborador.

HEMEROTECA

O MOUCHIÑO informa: Tedes á vosa disposición, compañeiros e usuarios da biblioteca escola un servizo de hemeroteca para poderdes ler as vosas revistas favoritas: Aguilucho, OKAPI, Reportero DC....