xoves, 30 de novembro de 2017

CREACIÓN LITERARIA: A SUPERBIBLIOTECARIA E O LADRÓN DE LIBROS

Todo comezou nunha mañá tranquila, cando a SuperBibliotecaria visitou a aula de 6ºA. Alí observou que non había ningún libro, estaban escondidos. Ninguén sabía onde estaban ata que un neno atopou algún debaixo da mesa.


De repente, atopou una pista. Máis ben, non era unha pista, senón un camiño  que levaba ata unha montaña de libros. Na montaña de libros estaban todos os libros que desapareceran. Alí estaban todos os libros de 6ªA.


Entón, a Superbiblioteca descubriu ao ladrón de libros, quen intentou escapar, pero atrapouno mentres aquel intentaba escaparse. Despois de atrapalo, a nosa heroína meteuno nun cárcere de libros e, finalmente, para celebralo os rapaces e a Superbibliotecaria foron celebrar a vitoria a un Burger King.


Autores: Pedro e Gonzalo, de 6ºA.

VISITA DE FRAN ALONSO

O pasado 28 de novembro recibimos no colexio a visita do escritor Fran Alonso, quen conseguiu engaiolar aos rapaces de 4º Primaria cos seus poemas e coa súa performance. As caras dos rapaces mostraron a boa acollida que lle prestaron ao escritor vigués.




venres, 24 de novembro de 2017

SEMANA DOS DEREITOS DO NENO

Con motivo da Semana dos Dereitos do Neno (20 de novembro) celebrada no colexio, fixemos unha selección de títulos que tratan esta temática. Velaquí unha pequena selección de títulos:

PREPARANDO A VISITA Á BIBLIOTECA DE FRAN ALONSO (II)

Hoxe recibimos a visita dos rapaces de 4ºA e 4ºB de Primaria. Con eles, explicamos brevemente aspectos biobibliográficos de Fran Alonso ao tempo que liamos poemas pertencentes ao libro O meu gato é un poeta. Logo da breve explicación teórica, os rapaces formaron grupos de 4 persoas e escribiron un manual de instrucións para ser poeta seguindo o poema homónimo contido no libro. Velaquí algunhas evidencias fotográficas do traballo realizado:

luns, 20 de novembro de 2017

PREPARANDO A VISITA DE FRAN ALONSO

Con motivo da visita do escritor Fran Alonso a vindeira semana, na biblioteca colexial explicamos algunhas notas biobibliográficas do autor, lemos poemas do libro O meu gato é un poeta e finalmente empezamos a elaborar un mural titulado "Manual de instrucións para ser poeta", inspirado nun poema do libro referido.


xoves, 9 de novembro de 2017

MAGOSTO

Como preludio do magosto que imos celebrar hoxe e mañá no colexio, aquí vos deixo unha selección de títulos inspirados nesta celebración:

FARO DA ESCOLA

Onte acollemos na biblioteca a dous xornalistas do Faro de Vigo para explicarnos o proxecto "Faro da Escola". Os rapaces atenderon con expectación e, por momentos, ilusión desbordante as explicacións sobre o xornal decano da nosa cidade.