venres, 24 de marzo de 2017

A RECONQUISTA DE VIGO

Dado que o vindeiro 28 de marzo, celebramos a festa da Reconquista de Vigo, batalla na que o pobo vigués derrotou as tropas francesas durante as guerras napoleónicas, recomendamos a lectura do capítulo homónimo da serie dos Bolechas.








martes, 21 de marzo de 2017

DÍA MUNDIAL DA POESÍA (21 de marzo)

Hoxe festexamos o Día Mundial da Poesía á vez que celebramos a chegada da primavera. Ao mesmo tempo, neste ano 2017, conmemoramos o centenario do nacemento de Gloria Fuertes, coñecida coma a "poeta dos nenos".



Quizais esta ocasión e esta efeméride son excelentes pretextos para facer chegar o valor e a necesidade da poesía na sociedade actual.

luns, 13 de marzo de 2017

SEMANA DO CÓMIC (II)

Xa pasaron case tódolos grupos de Primaria pola biblioteca para celebrar a Semana do Cómic en Galego. Esta semana agardamos algúns grupos de Infantil e da ESO. Durante o tempo en que visitaron a biblioteca os rapaces divertíronse lendo invidual e silenciosamente cómics adecuados ás súas idades para logo realizaren uns quiz sobre os Bolechas (para 1º, 2º e 3º Primaria) e sobre Astérix e o Obélix, para o segundo e terceiro ciclo de Primaria. Velaquí algunhas imaxes ao respecto:


MÁIS INFORMACIÓN EN:

PONS, Álvaro: «A imparábel forza do cómic galego» in Luces de Galicia, EL PAÍS, 8 de maio de 2009.

GONZÁLEZ, Montse: «Los pioneros del cómic empezaron en el siglo XIX» in El País, 1 de maio de 2012: 

luns, 6 de marzo de 2017

QUIZ "ASTÉRIX E OBÉLIX"

SEMANA DO CÓMIC

Como todos estabades esperando, chega unha nova edición da "Semana do Cómic en Galego". Á parte da lectura silenciosa na biblioteca de banda deseñada e unha breve exposición dos elementos característicos deste tipo de texto, incluímos un exhaustivo quiz dos "Bolechas" e de "Astérix e Obélix" para rapaces de Primaria.