martes, 21 de febreiro de 2017

SEGUIMOS ENTROIDANDO

Afrontamos a recta final do Entroido. Desta volta tivemos a fortuna de contar coa presenza na biblioteca dos alumnos de 1º ESO C e 1º ESO A. Fíxadevos en como se divirten.....

luns, 20 de febreiro de 2017

O ENTROIDO EN GALICIA



Aquí vos deixo un vídeo que encontrei en YouTube sobre un encontró de máscaras do entroido en Santiago de Compostela para que o vexades.

Pola nosa banda, seguimos coas nosas actividades de entroido na biblioteca. Aquí vos deixo unhas imaxes dos grupos de 5º Primaria participando no "Pasapalabra do Entroido".


mércores, 15 de febreiro de 2017

ACTIVIDADES ENTROIDO (II)

Seguimos preparándonos para o entroido. Desta vez, os alumnos de 6ºC tiveron a xenerosidade de visitarnos na biblioteca e participar nun pasapalabra, centrado neste período festivo.

luns, 13 de febreiro de 2017

ACTIVIDADES ENTROIDO

Comezamos coas actividades do Entroido. Hoxe tivemos a fortuna de contar cos alumnos de 3ºB de Primaria. Tras veren un breve vídeo sobre as máscaras do Entroido.... tiveron que adiviñar os seus nomes e os seus lugares de procedencia. Velaquí mostras das súas pesquisas.


O ENTROIDO

O entroido está ás portas (cando menos, aquí en Vigo) e, por este motivo, realizaremos unha serie de actividades para coñecérmolo con maior profundidade. Velaquí un xogo que propoñemos aos rapaces de 3º e 4º Primaria. O obxectivo deste xogo consiste en relacionar cada máscara característica do entroido galego co seu nome e co lugar de onde é típico.

ESCOLMA DE LIBROS - SAN VALENTÍN

Co gallo do Día dos Namorados (14 de febrero), o Mouchiño procurou buscar unha selección de libros que teñen como tema central o amor. Esperamos que vos guste.


luns, 6 de febreiro de 2017

ESTATÍSTICAS FEBREIRO

En comezando o mes de febreiro e antes da chegada do entroido, queremos facer un alto no camiño para valorar algunhas estatísticas. Con data 6 de febreiro de 2017 levamos prestados entre o alumnado 3.136 libros, feito que supón un incremento de 265 libros prestados con respecto ao mesmo período do curso anterior. As clases máis lectoras son, por esta orde:

 CLASES MÁIS LECTORAS 
1º posto -> 1ºB Primaria (453)
2º posto -> 1ºA Primaria (420)
3º posto -> 1ºC Primaria (334)
4º posto -> 2ºA Primaria (299)
5º posto -> 2ºC Primaria (246)
6º posto -> 2ºB Primaria (198)
7º posto -> 3ºA Primaria (194)
8º posto -> 3ºC Primaria (163)
9º posto -> 4ºC Primaria (150)
10º posto-> 5ºB Primaria (138)

 EDITORIAIS CON MÁIS LIBROS PRESTADOS
1º posto -> Edelvives (568)
2º posto -> Destino (395)
3º posto -> RBA Editores (295)
4º posto -> Planeta (194)
5º posto -> A Nosa Terra (Promocións Culturais Galegas) (100)


 AUTORES MÁIS LIDOS 

1. Elisabetta Dami                    (408)
2. Pepe Carreiro                      (267)
3. Violeta Denou                      (139)
4. Liesbet Slegers                    (100)
5. Deborah Hautzig                    (83)
6. Jeff Kinney                        (65)