mércores, 25 de xaneiro de 2017

DÍA DA PAZ



Como preludio á celebración colexial do Día da Paz o vindeiro luns 30 de xaneiro, o Mouchiño fixo unha pequena escolma de libros para celebrar a referida efeméride. 


venres, 20 de xaneiro de 2017

BIBLIOTECA JUAN COMPAÑEL

O pasado mércores tivemos a fortuna de acompañar a un grupo de rapaces e rapazas de 1º ESO á biblioteca Juan Compañel. A visita resultou moi interesante pola atención mostrada e pola simpatía mostrada polo bibliotecario municipal. Palabras como CDU, ISBN, signaturas serán recordadas polos nosos rapaces e, finalmente, como despedida, o bibliotecario fixo unha pequena xincana para buscar información entre os andeis da sección infantil e xuvenil da Biblioteca Municipal


Agradecemos a atención mostrada durante a visita.


luns, 16 de xaneiro de 2017

ESTATÍSTICAS

O ano 2017 vai camiño de aumentar os datos estatísticos sobre préstamo de libros na nosa biblioteca. A día 16 de xaneiro de 2017 contamos cun incremento de 155 libros prestados con respecto ao curso anterior (de 2465 libros prestados no mesmo período no curso 2015-2016 fronte aos 2620 prestados no mesmo período do curso 2016-2017).


Se analizamos os datos polo miúdo, constatamos un aumento significativo de libros prestados en 1º de Primaria e 2º Primaria con respecto ao curso anterior: Os alumnos de 1º Primaria leron 216 libros máis que no curso anterior (973 libros en total)e os alumnos de 2º Primaria leron 71 libros máis do que leron no mesmo período do curso 2015-2016 (en total, 623 libros).

En canto ao 2º ciclo de Primaria, a cantidade de libros da biblioteca escolar é similar ao ano pasado en 3º Primaria (leron 5 libros máis có ano pasado a estas alturas do curso, cun total de 356 libros lidos) mentres que en 4º Primaria hai unha caída significativa nos volumes prestados (224 libros prestados menos que no curso 2015-2016, cun total de 282 préstamos realizados).

No que respecta ao 3º ciclo de Primaria, constatamos o préstamo de 69 libros máis en 5º Primaria -cun total de 245 libros- que no período anterior e unha diminución de 26 libros prestados en 6º Primaria (75 libros prestados a día de hoxe)


En suma, a comezos de 2017 rexistramos unha maior cantidade de libros prestados con respecto ao curso anterior. Esta subida débese, sobre todo, á voráxine lectora dos rapaces do 1º ciclo de Primaria (+216+71=+287 libros) e 5º Primaria (+69). Polo contrario, detectamos unha caída de libros prestados en 4º Primaria (-224) e 6º Primaria (-26).

luns, 9 de xaneiro de 2017

INICIAMOS 2017

Por fin, o Mouchiño volve das súas vacacións e cun par de aletexos fixo a unha selección de libros en inglés e francés para que lle botedes unha ollada. FELIZ 2017.