martes, 5 de decembro de 2017
ESTATÍSTICAS 1º TRIMESTRE
Chegados ao 5º de decembro, cremos pertinente facer una valoración dos préstamos de libros realizados na biblioteca escolar. Tomamos como referencia o período comprendido entre o 15 de setembro e o 5 de decembro dos anos 2016 e 2017.
En canto ao volume de libros prestados, percibimos unha caída de 387 libros prestados menos que no período anterior (1889 prestados neste curso fronte 2276 no período xa citado do curso anterior).
Analizando os datos por cursos, observamos que en 1º Primaria se produce unha forte baixada de 168 libros (639 no curso actual fronte aos 807 no mesmo período do curso anterior) mentres que en 2º Primaria mantéñense prácticamente os mesmos datos que no curso anterior (5 libros prestados menos; 533 no curso actual fronte aos 538).
En 3º Primaria prestáronse 74 libros menos que no curso anterior (239 fronte a 313)e, así mesmo, en 4º Primaria tamén se produce unha caída no empréstito de libros (116 libros menos; 149 fronte aos 265 do curso pasado).
Centrándonos agora no 3º ciclo de Primaria, observamos unha diminución de libros prestados en 5º Primaria (25 libros menos que no curso anterior; 198 fronte a 233)e un aumento de libros prestados en 6º Primaria de 36 libros, 104 fronte aos 68 do curso pasado.
En suma, podemos dicir que no que vai de curso se manteñen o mesmo número de libros en 2º Primaria, baixa lixeiramente os libros prestados en 5º Primaria, aumenta o número de libros prestados en 6º Primaria e prodúcese unha caída moi significativa no préstamo de libros en 1º Primaria e no segundo ciclo de Primaria..
venres, 1 de decembro de 2017
BO NADAL
Comezamos o mes de decembro e xa empeza a respirar o ambiente propio destas festas. Na biblioteca coa axuda dos usuarios máis habituais construímos con enciclopedias esta orixinal árbore de Nadal.
e fixemos unha pequena selección de libros propios destas entrañables festas que comezamos
xoves, 30 de novembro de 2017
CREACIÓN LITERARIA: A SUPERBIBLIOTECARIA E O LADRÓN DE LIBROS
Todo comezou nunha mañá tranquila, cando a SuperBibliotecaria visitou a aula de 6ºA. Alí observou que non había ningún libro, estaban escondidos. Ninguén sabía onde estaban ata que un neno atopou algún debaixo da mesa.
De repente, atopou una pista. Máis ben, non era unha pista, senón un camiño que levaba ata unha montaña de libros. Na montaña de libros estaban todos os libros que desapareceran. Alí estaban todos os libros de 6ªA.
Entón, a Superbiblioteca descubriu ao ladrón de libros, quen intentou escapar, pero atrapouno mentres aquel intentaba escaparse. Despois de atrapalo, a nosa heroína meteuno nun cárcere de libros e, finalmente, para celebralo os rapaces e a Superbibliotecaria foron celebrar a vitoria a un Burger King.
Autores: Pedro e Gonzalo, de 6ºA.
VISITA DE FRAN ALONSO
O pasado 28 de novembro recibimos no colexio a visita do escritor Fran Alonso, quen conseguiu engaiolar aos rapaces de 4º Primaria cos seus poemas e coa súa performance. As caras dos rapaces mostraron a boa acollida que lle prestaron ao escritor vigués.
venres, 24 de novembro de 2017
SEMANA DOS DEREITOS DO NENO
Con motivo da Semana dos Dereitos do Neno (20 de novembro) celebrada no colexio, fixemos unha selección de títulos que tratan esta temática. Velaquí unha pequena selección de títulos:
PREPARANDO A VISITA Á BIBLIOTECA DE FRAN ALONSO (II)
Hoxe recibimos a visita dos rapaces de 4ºA e 4ºB de Primaria. Con eles, explicamos brevemente aspectos biobibliográficos de Fran Alonso ao tempo que liamos poemas pertencentes ao libro O meu gato é un poeta. Logo da breve explicación teórica, os rapaces formaron grupos de 4 persoas e escribiron un manual de instrucións para ser poeta seguindo o poema homónimo contido no libro. Velaquí algunhas evidencias fotográficas do traballo realizado:
luns, 20 de novembro de 2017
PREPARANDO A VISITA DE FRAN ALONSO
Con motivo da visita do escritor Fran Alonso a vindeira semana, na biblioteca colexial explicamos algunhas notas biobibliográficas do autor, lemos poemas do libro O meu gato é un poeta e finalmente empezamos a elaborar un mural titulado "Manual de instrucións para ser poeta", inspirado nun poema do libro referido.
xoves, 9 de novembro de 2017
MAGOSTO
Como preludio do magosto que imos celebrar hoxe e mañá no colexio, aquí vos deixo unha selección de títulos inspirados nesta celebración:
FARO DA ESCOLA
Onte acollemos na biblioteca a dous xornalistas do Faro de Vigo para explicarnos o proxecto "Faro da Escola". Os rapaces atenderon con expectación e, por momentos, ilusión desbordante as explicacións sobre o xornal decano da nosa cidade.
luns, 30 de outubro de 2017
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES (II)
Chega ao seu remate a Semana das Bibliotecas Escolares logo de asistirmos a unha batalla de rap protagonizada polos alumnos de 5º Primaria,logo de crearmos relatos sobre as aventuras da Superbibliotecaria e logo de que os rapaces de 1º e 2º Primaria agochasen os seus medos nun baúl coma Fiz.
luns, 23 de outubro de 2017
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Con motivo do Día das Bibliotecas Escolares (24 de outubro), ao longo desta semana realizaremos distintas actividades encamiñadas aos grupos de Primaria. Os máis cativos, os de 1º e 2º Primaria asistirán a un contacontos do libro "Fiz, o coleccionista de medos" para logo escribiren os seus medos e agochalos para sempre.
Os demais cursos de Primaria crearán narracións que teñan como protagonista a unha superheroína moi especial, a Super-bibliotecaria, que terá que loitar contra aqueles axentes que se encargan de distraernos da lectura.
xoves, 5 de outubro de 2017
RECOMENDACIÓNS DE LIBROS: DIARIO DE GREG
Los libros de la colección "Diario de Greg" me gustan mucho porque son muy graciosos y muy divertidos. Son muy recomendables, en mi opinión, para chicos de 10 a 12 años. Cuando lees el primer libro, te enganchas a la serie, que está formada por 11 títulos. En ellos Greg Heffley es el protagonista de la historia a quien le suceden episodios muy curiosos: compartir el pasillo del colegio con grandullones que se afeitan varias veces al día, descubrir que ser mayor no tiene tantas ventajas, quedarse atrapado con su familia en las vacaciones de Navidad a causa de una tormenta de nieve, su deseo de convertirse en el chico más popular del colegio... No te los pierdas Lucas S. G. (1º ESO C)
luns, 2 de outubro de 2017
BENVIDO, OUTONO
Rematado xa o mes de setembro, adentrámonos no mes de outubro e no outono. Para celebralo, mostrámosvos unha selección de títulos que abranguen o Magosto, o Samaín e o propio outono.
Recordámosvos tamén aos máis despistados que a biblioteca ten o seguinte horario, de outubro a maio:
HORARIO DE LUNS A VENRES: 09.00-13.30 16.30-19.00
martes, 19 de setembro de 2017
PERGAMIÑO VINDEL
O Pergamino Vindel, como xa sabedes, é un manuscrito copiado a finais do século XIII ou comezos do século XIV que contén as sete cantigas de amigo escritas polo trovador Martín Códax. O pergamiño recibe este nome en honra do libreiro Pedro Vindel, quen o atopou na súa libraría en 1914. Froito de varios intercambios comerciais, o Pergamiño Vindel chegou á Morgan Library de Nova York en 1979.
Esta obra é una xoia da literatura medieval galego-portuguesa por estar copiado precisamente na época de esplendor da nosa literatura medieval ou polas anotacións musicais que inclúe, entre outras razóns.
Durante os meses de outubro a marzo de 2018 o Pergamiño Vindel viaxará de volta de Galicia para que todos o poidamos contemplar.
MÁIS INFORMACIÓN EN:
"Entrevista ao bisneto de Pedro Vindel" en Radio Vigo-Cadena Ser, 13 de setembro de 2017.
Tráiler "O Manuscrito Vindel".
Páxina de Facebook sobre "O Manuscrito Vindel".
'El Manuscrito Vindel', una historia literaria con origen en la Alcarria conquense, en Cadena Ser-Castela A Mancha, 19 de maio de 2016.
INICIO DE CURSO 2017-2018
Xa levan transcorridos varios días (e mesmo unha semana para os rapaces de Primaria e Infantil) deste curso 2017-2018 e o Mouchiño quere darvos a benvida nun curso que promete ser trepidante e cargado de ilusións renovadas e algunha novidade...
xoves, 15 de xuño de 2017
GRAZAS
GRAZAS ......
aos que preparastes raps co gallo do Día das Bibliotecas Escolares (24 de outubro),
aos que vides facer traballos en grupo e estudar á biblioteca,
aos que vos emocionades facendo crebacabezas,
aos que vos gusta ler
aos que nos contaxiades a vosa felicidade e entusiasmo,
FELIZ VERÁN A TODOS
mércores, 14 de xuño de 2017
GAÑADORES DO "CONCURSO DE POESÍA"
E os gañadores do Concurso de Poesía (convocado polo equipo PLEI) foron:
Claudia G. G. (5ºC)
Sofía R. C. (3º ESO B) Os nosos parabéns ás gañadoras.
ESTATÍSTICAS 2016-2017
Cando xa quedan poucos días para o remate deste intenso curso 2016-2017 cómpre facermos valoracións. A seguir expoñémolas de maneira concisa:
* Aumento dos libros prestados pola biblioteca escolar. Prestáronse un total de 5376 libros, 418 libros máis ca no curso anterior.
*Aumento do servizo de préstamo de libros no 1º ciclo de Primaria. Neste curso prestáronse 3391 libros no 1º ciclo de Primaria: 2150 libros prestados corresponden a 1º Primaria e 1241, a 2º Primaria. Constatamos un subida de 843 libros prestados (498 libros, en 1º Primaria e 345, en 2º Primaria). Trátase dunha noticia moi positiva trala pequena caída de lectores experimentada en 1º Primaria no curso 2015-2016
*Descenso nos libros prestados no 2º ciclo de Primaria. Ata o de día de hoxe, 14 de xuño, lévanse prestados 1208 libros fronte aos 1765 no mesmo período do curso pasado, o que supón un descenso de 557 libros prestados. A caída é máis significativa en 4º Primaria, pois o descenso é de 519 libros prestados (544, no curso 2016-2017 fronte aos 1063, no curso 2015-2016. Polo contrario, en 3º Primaria produciuse un lixeiro descenso, con 38 libros prestados menos (664 libros fronte aos 702 do curso pasado).
* Aumento de libros prestados en 5º Primaria e lixeiro descenso de libros prestados en 6º Primaria. En 5º Primaria produciuse unha subida de 173 libros prestados en comparación ao curso pasado (491 libros prestados no curso actual fronte aos 318, do curso pasado). Na vertente contraria, prestamos 65 libros menos en 6º Primaria (105 fronte aos 170 do curso 2015-2016)
* Aumento significativo de libros prestados en Secundaria. Durante este curso prestáronse 140 libros en Secundaria, un 53 % máis que no curso anterior. Esta suba explícase grazas aos grupos de 1º ESO B (55), 3º ESO B (26) e 3º ESO C (25).
xoves, 25 de maio de 2017
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (III)
Si, prezados internautas. Aínda continuamos celebrando a Semana das Letras. Desta volta, tivemos a fortuna de contar na biblioteca con rapaces de 1º ESO C e 3º ESO C entre nós. Para eles preparamos un entretido pasapalabra sobre aspectos da vida e obra de Carlos Casares.
venres, 19 de maio de 2017
luns, 15 de maio de 2017
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2017
Comezamos a agardada Semana das Letras Galegas. Hoxe tivemos a fortuna de contar coa visita dos grupos de PRimaria de 5ºC, 3ºC, 1ºA e 1ºB.
Cos alumnos de 1ºPrimaria fixemos un pequeño percorrido pola vida de Carlos Casares, lemos en voz alta o fragmento "A bomba da felicidade" (extraído do libro A GALIÑA AZUL) e finalmente fixemos uns pasatempos para lembrar o xa emplicado
Os alumnos de 3º Primaria e 5ºPrimaria contestaron por parellas as preguntas dun encrucillado ad hoc co obxecto de lembrar algúns episodios vitais do autor ourensán.
luns, 8 de maio de 2017
CARLOS CASARES, DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017
Xa quedan poucos días para chegar a unha data sinalada no noso almanaque, o Día das Letras Galegas. Nesta edición o homenaxeado é Carlos Casares, unha das figuras destacadas da narrativa de posguerra en lingua galega (Nova Narrativa Galega) e figura clave no activismo cultural en lingua galega durante este período (membro da RAG, presidente do Consello da Cultura Galega, director da editorial Galaxia....) amais da súa incursión na vizosa literatura infantil
Ao longo da semana que vén celebraremos na biblioteca escolar a Semana das Letras Galegas dedicadas a este persoeiro da nosa cultura, con nítidos vencellos coa nosa cidade.
>
WEBS DE CONSULTA SOBRE CARLOS CASARES
* Fundación Carlos Casares.
*Ficha de Carlos Casares en Biblioteca Virtual Galega.
mércores, 3 de maio de 2017
GENERACIÓN DEL 98
Onte tivemos a fortuna de recibir aos alumnos de 4º ESO na biblioteca. Durante a súa estancia, recapitulamos o que xa viran sobre a "generación de 1898", visualizamos un breve vídeo sobre o contexto histórica desta xeración literaria e, finalmente, tivemos a posibilidade de ler una pequena escolma de poemas máis representativos desta época.
xoves, 20 de abril de 2017
"Cómo se dibuja un gato" - Gloria Fuertes
Para celebrar a efeméride do nacemento da escritora Gloria Fuertes, os rapaces de Infantil visitaron (algúns o farán a próxima semana) a biblioteca, contámoslles algunhas curiosidades da poetisa e finalmente, debuxaron un gato tal como o indica a poeta madrileña no seu poema "Como se dibuja un gato".
WEBS DE REFERENCIA SOBRE GLORIA FUERTES
* La poesía invisible de Gloria Fuertes (RTVE):
* Cervantes Virtual: Gloria Fuertes
*Cervantes Virtual: Fonoteca, de Gloria Fuertes:
* Biografía de Gloria Fuertes:
* Gloria Fuertes, una poesía mayor de edad:
in EL PAÍS, 23 de febrero de 2017.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)