mércores, 24 de febreiro de 2016

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Chega un 24 de febreiro, unha data senlleira para nós. Un 24 de febreiro de 1837 nacía a nosa escritora galega máis universal Rosalía de Castro. Outro ano máis quixemos facerlle unha modesta homenaxe á autora santiaguesa.

mércores, 17 de febreiro de 2016

ESTATÍSTICAS

Xa estamos no ecuador do segundo trimestre e pensamos que é un bo momento para recapitular datos sobre os índices de lectura na nosa biblioteca.

CLASES MÁIS LECTORAS

1ºposto: 1ºB -> 356 libros lidos.
2º posto: 2ºB -> 313 libros lidos.
3º posto: 1ºC -> 313 libros lidos.
4º posto: 4ºA -< 274 libros lidos.
5º posto: 1ºA -> 239 libros lidos.
6º posto: 4ºC -> 166 libros.
7º posto: 4ºB -> 164 libros.


RÁNKING DE LECTORES MÁIS ASIDUOS

1. Lucía P. M. (1ºC) -> 54 libros lidos.
2. Martina S. G. (1ºB) -> 40 libros.
3. Pablo G. M. (2ºB)-> 40 libros.
4. Sheyla C. C. (1ºB) -> 38 libros.
5. María P. L. (2ºC) -> 38 libros.
6. Sergio M. O.(1ºB)-> 35 libros.
7. Álvaro F-A. F. (1ºB) -> 32 libros.

mércores, 3 de febreiro de 2016

9000 VOLUMES NA BIBLIOTECA

AVISO
O Mouchiño informa que a biblioteca xa acadou a cifra de 9000 volumes catalogados. Tédelos á vosa disposición. Velaquí os últimos libros en chegaren.

VIVINDO O ENTROIDO (III)

O Oso de Salcedo, a voda da Pita, o enterro da Sardiña, o Domingo Fareleiro.....Desta volta foi a quenda de 5ºC de Primaria. Que animados indagaban sobre o entroido!!!!

martes, 2 de febreiro de 2016

VIVINDO O ENTROIDO (II)

Vergalleiros, charrúas, choqueiros....Desta vez foi a quenda dos alumnos de 5ºB de Primaria. Os rapaces e rapazas deste curso usaron ordenadores, libros de consulta e mesmo algunhas fotocopias agochadas na biblioteca para indagar o nome das máscaras do concurso. Velaí unhas mostras das súas pescudas.

luns, 1 de febreiro de 2016

VIVINDO O ENTROIDO (I)

Nesta semana terán lugar as celebracións do entroido no colexio. Como complemento ás actividades que se levarán a cabo, desde a Biblioteca promovemos un pequeno concurso que ten como finalidade aprofundar no coñecemento das máscaras típicas do Entroido na nosa terra.
Os primeiros en participar foron os alumnos de 6ºC.