martes, 10 de novembro de 2015

AGASALLO POLO OUTONO

Hoxe o Mouchiño recibiu un agasallo moi especial por este outono. Este agasallo realizárono os rapaces de 6º Primaria, coordinados polas súas profesoras de inglés. Velaquí unha imaxe ilustrativo deste outono literario, outono das bibliotecas escolares....

Grazas, compañeiros de 6º Primaria. Asinado: O Mouchiño

luns, 9 de novembro de 2015

SEMANA DA CIENCIA

Durante esta semana, en coordinación co Departamento de Ciencias albergaremos na biblioteca escolar unha pequena exposición co gallo da SEMANA DA CIENCIA 2015. Non dubidedes en botarlle unha ollada.

MAGOSTO

Coincidindo cos últimos días do Magosto, os alumnos de 1º ESO realizaron uns pequenos carteis sobre esta festa central do outono.

martes, 3 de novembro de 2015

A CLASE MÁIS LECTORA

O Mouchiño achéganos a seguinte información sobre as clases máis lectoras. Estas son as clases máis lectoras polo momento


1º B - 119 libros lidos

2ºB - 118 libros

1ºC - 107 libros

4ºA - 83 libros

2ºA - 54 libros

DíA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES (III)

Velaquí outra das composicións elaboradas con motivo do Día das Bibliotecas Escolares polos alumnos de 2º Primaria

Hoxe non se oen berros de alegría no patio do recreo. Una vez unha nena estaba xogando no bambán do patio e atopou uns caramelos de limón,cereixa,laranxa e mazá. Despois marchou á súa casa a xogar. Pola noite ceou e caeulle un dente. Antes de dormir bebeu un vaso de leite, una torrada e un colacao con galletas príncipe. Cando acabou de tomar o leite, foi ao colexio.

O SAMAÍN

Logo da Semana das Bibliotecas Escolares, case sen tempo para respirar, preparámonos para celebrar o Samaín. Con motivo deste festexo, un grupos de usuarios da biblioteca asiduos axudáronnos coa decoración da nosa biblioteca.
O xoves pasado, recibimos a visita dos tres grupos de 1º ESO. Os rapaces e rapazas deste curso viron un vídeo-explicativo sobre o Samaín e logo elaboraron cadanseu panel informativo sobre o Samaín en cartulinas. Velaquí o resultado do seu traballo. FELIZ SAMAÍN.

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES (II)

Aquí vos deixa o Mouchiño algunhas das composición creadas seguindo a técnica do "cadáver exquisito" surrealista.

Pero axiña, o primeiro día de clase, o mundo de Xoán cambiou totalmente. Á clase chegara unha compañeira nova, Nayara.

Nayara, ao chegar nova e non coñecer a ninguén, empezou a chorar coma unha tola. E entón, apareceu unha nena e preguntoulle:

-Que che pasa?

-Que me doe moitísimo o fígado e non podo estar cómoda.

Logo chamaron á ambulancia e avisaron os seus país

[Paula P., Enrique L., Nicely, Lucas G. (4ºB)]

EL ROBO DEL DIAMANTE GIGANTE

Un día, un amigo de Gerónimo lo llevó a ver un diamante enorme en el Museo. Días más tarde, el diamante ya no estaba en el museo. Más tarde, Gerónimo se puso a buscar pistas sobre el ladrón del diamante gigante. ¿Quién sería el responsable del robo? Leedlo y lo averiguaréis.
(Gonzalo M. d. O., 4º Primaria)