luns, 28 de setembro de 2015
UNHA VISITA MOI AGARDADA
Hoxe recibimos unha visita moi agardada na biblioteca. Os alumnos de 1ºPrimaria A obsequiáronnos coa súa presenza: escoitaron atentos o funcionamento da biblioteca e puideron levar libros prestados á súa casa.
A PERSPECTIVA
Este venres o Mouchiño recibiu emocionado a visita dos alumnos de 4ºESO, que procuraron buscar información sobre a perspectiva, para a materia de Educación Plástica e Visual. Como traballaron os rapaces e rapazas de 4º ESO!
Máis información en:
A perspectiva en Proxecto Abalar.
A perspectiva cónica
luns, 21 de setembro de 2015
COMO FUNCIONA A BIBLIOTECA?
Hoxe recibimos unha visita moi agardada e moi especial. O profesor Andrés, co seu séquito de 1º Primaria C, entraron na biblioteca. Unha vez dentro, descubriron libros aptos para a súa idade, o sistema de carnés da biblioteca escolar e outras moitas sorpresas que levaron canda eles. O Mouchiño convidounos a leren moito e a divertirse cos libros.
mércores, 16 de setembro de 2015
150º ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE AGATHA CHRISTIE
Un 15 de setembro de 1890 nacía no Reino Unido Agatha Christie. A escritora británica está considerada unha das pioneiras das novelas de misterio e intriga.
Este ano, asemade, celebrase o 150º aniversario do seu nacemento, polo cal é un bo momento para ler e reler algunhas das súas obras máis emblemáticas (Asasinato no Orient-Exprés; Morte no Nilo)e acompañar aos seus personaxes máis coñecidos Hércules Poirot e Miss Marple nas súas aventuras e desventuras.
venres, 11 de setembro de 2015
INICIO CURSO 2015-2016
Por fin empezou o colexio!!!!! Xa estábamos todos impacientes. O Mouchiño quere agradecervos todo o apoio que lle brindastes o curso pasado e espera seguir contando nesta nova andaina coa vosa ilusión e entusiasmo.
A biblioteca escolar estará aberta desde o 15 ao 30 de setembro en horario de 09.00 a 13.30.
Espérovos ver alí o martes. Non faltedes
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)