venres, 19 de decembro de 2014
RECOÑECEMENTOS E GALARDÓNS
Estimados usuarios da biblioteca:
O Mouchiño quere agradecervos a todos vós a compañía que lle fixestes neste tempo....e, para seguir coa tradición, quere agasallarvos antes de marchardes de vacacións coa entrega de premios á clase máis lectora e ao alumno máis lector. Agárdovos na cerimonia.
Os gañadores como a clase máis lectora neste primeiro trimestre foron 1ºB Primaria, seguidos de 2ºC e de 1ºC
Os galardoados cos premios aos máis lectores foron:
1º Aníbal L. L. (5ºB)
2º Xoel N. L. (5ºB)
3º Carolina G. M (2ºC)
Por último, no concurso QUIZ sobre o libro "MESA, TRÁGAME" acadaron os primeiros postos os seguintes alumnos:
1º María V. R (2ºC)
2º Antía (2ºB)
3º Emma B. M. (2ºC)
A todos os homenaxeados e aos seus compañeiros.......
BO NADAL
xoves, 18 de decembro de 2014
mércores, 17 de decembro de 2014
UN NADAL DE NOSO (II)
Os alumnos de 1º ESO A continúan elaborando o seu grande mural como homenaxe a estas festas tan entrañables:
martes, 16 de decembro de 2014
UN NADAL DE NOSO (I)
As tradicións son un importante legado cultural que é preciso manter para que non esmoreza. Conscientes deste patrimonio inmaterial que temos, os alumnos de 1º ESO comezaron a realizar un grande mural na biblioteca destinado a que os costumes do noso Nadal non desaparezan.
luns, 15 de decembro de 2014
ÁRBORES DE NADAL GRÁFICAS (II)
O venres pasado tocoulle a quenda a 6ºB de Infantil. Os rapaces deste curso asistiron á biblioteca para celebrar connosco o Nadal.
Primeiramente, escoitaron atentos unha sesión de contacontos protagonizada polo libro "La Navidad de Emilio y Lilú" (da editorial Edelvives).
Rematada a devandita actividade, os rapaces continuaron coa aprendizaxe da lectoescritura desexándonos un "BO NADAL" e unha "FELIZ NAVIDAD" logo de pega-las letras correspondentes en siluetas de árbores feitas con cartolina.
Logo de expresarnos as correspondentes felicitacións de nadal, os rapaces elixiron o regalo que máis lles gustaría recibir neste nadal: COCHES
mércores, 10 de decembro de 2014
AS ÁRBORES DE NADAL "GRÁFICAS" (I)
Os alumos de 6ºA de infantil asistiron a un contacontos..........
e quixeron felicitarnos o Nadal.....................................
LENDO NO NADAL
Velaquí unha pequena selección de libros para que leades os máis cativos durante o Nadal. FELICES FESTAS
.venres, 5 de decembro de 2014
RECORDANDO AS NOSAS TRADICIÓNS DE NADAL (III)
Esta mañá uns entusiastas alumnos de 6ºC co seu profesor Rubén descubriron algunhas das nosas tradicións do Nadal. Queremos darlle as grazas polo seu bo facer.
Pola tarde clausurou esta semana dedicada á tradicións galegas a clase de 6º B:mércores, 3 de decembro de 2014
RECORDANDO AS NOSAS TRADICIÓNS DE NADAL (II)
Hoxe os alumnos de 5ºC quixeron indagar nas tradicións do Nadal na nosa terra. Velaí o resultado do seu traballo
martes, 2 de decembro de 2014
RECORDANDO AS NOSAS TRADICIÓNS NO NADAL (I)
Hoxe os alumnos de 6ºA convertéronse en expertos etnógrafos e fixeron uns murais sobre as tradicións propias de Galicia no nadal: os tizóns do Nadal, o Apalpador...
RECORDANDO AS NOSAS TRADICIÓNS DE NADAL: O APALPADOR
Os alumnos de 5ºA comezaron o mes de decembro coñecendo na biblioteca do colexio a unha das figuras lendarias do nadal galego: o Apalpador.
Logo de ver uns vídeos introdutorios, os rapaces elaboraron uns pequenos collages en cartolina dedicados a este persoeiro do Nadal.
luns, 1 de decembro de 2014
O NADAL
Comeza o mes de Nadal, o derradeiro mes do ano, e nesta semana os alumnos de 5º e 6º Primaria visitarán a biblioteca para festexar esta data tan entrañable.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)