mércores, 26 de novembro de 2014
SEGUIMOS INDAGANDO...
Os nosos interesados paleontólogos de 4ºA indagaron en busca do animal prehistórico agochado e na evolución dos homínidos.
martes, 25 de novembro de 2014
EXPOSICIÓN: A PREHISTORIA E A EVOLUCIÓN HUMANA
Esta mañá os alumnos de 4ºC visitaron a exposición sobre a prehistoria que temos na biblioteca escolar. No seu percorrido cara ao pasado contaron con tres guías de luxo (Sara, África e José de 1º ESO C) que nos ilustraron cos seus coñecementos sobre a vida prehistórica.
A visita guiada concluíu coa participación dos rapaces e rapazas nos dous concursos que temos en marcha (Animais extintos e ¿Quen é quen?), dos que xa vos falamos en publicacións anteriores.
luns, 24 de novembro de 2014
CLAUSURA SEMANA DOS DEREITOS DO NENO
Velaí o mural que deseñaron os rapaces de 1º, 2º e 3º Primaria sobre os Dereitos do Neno. Grazas pola vosa colaboración.
xoves, 20 de novembro de 2014
¿QUEN É QUEN? / ANIMAIS EXTINTOS
Dende o luns está a vosa disposición na biblioteca o CONCURSO: QUEN É QUEN?, un xogo divertido para descubrir máis sobre os homínidos. Animádevos a participar e probade sorte.
Paralelamente temos na biblioteca outro concurso en marcha sobre ANIMAIS EXTINTOS. Intentade descubrir o nome do animal que está ao lado do interrogante:
RESPOSTA: ____________________________
SEMANA DOS DEREITOS DO NENO:3ºB e 1ºC
Onte, mércores 19 de novembro os alumnos de 3º Primaria B quixeron achegar o seu gran de area á efeméride que celebramos hoxe.
Os alumnos de 1º C de Primaria tamén se quixeron unir aos festexos deste día que cómpre non esquecer en todo o ano.
martes, 18 de novembro de 2014
SEMANA DOS DEREITOS DO NENO (II)
Hoxe os rapaces e rapazas de 2ºC expresaron nun mural os seus desexos para todos os nenos e nenas do mundo, logo de escoitaren o conto "O neno sen nome", da editorial Baía Edicións.
luns, 17 de novembro de 2014
EXPOSICIÓN DURANTE A SEMANA DAS CIENCIAS
En colaboración cos Departamento de Ciencias, nesta semana realizaremos exposicións e proxeccións de vídeo dedicadas á evolución humana, en paralelo a outros actos que se celebrarán con motivo da SEMANA DAS CIENCIAS.
CONTACONTOS SOBRE OS DEREITOS DO NENO
Imaxinádesvos a vós mesmos sen ter un nome, sen saber que sodes nin de onde vides. Precisamente sobre a procura da identidade de cada un trato a primeira sesión de contacontos deste luns dirixida a rapaces de 1ºA. Os seguintes días pasarán pola biblioteca alumnos de 1º, 2º e 3º Primaria.
Os alumnos de 1ºA asistiron a unha sesión de contacontos: "O NENO SEN NOME", editorial Baía Edicións e, a continuación, fixeron un mural na biblioteca no que expresaban os seus mellores desexos para todos os nenos do mundo. Velaquí algunhas fotos.
sábado, 15 de novembro de 2014
DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO NENO E DA NENA
O vindeiro 20 de novembro conmemórase a aprobación da Declaración dos Dereitos do Neno, por todo isto dende a biblioteca queremos render homenaxe a esta efeméride e resaltar a importancia que teñen os nenos no porvir da humanidade.
1º QUIZ: ¡MÉSA, TRÁGAME!
Aquí vos deixo o segundo quiz. Esta vez as preguntas tratan sobre o libro de Gabriela Keselman, ¡Mesa, trágame!, da editorial Edelvives.
Haberá premios para os gañadores. Animádevos a participar.
xoves, 13 de novembro de 2014
MAGOSTO
Unha das festas por antonomasia en Galicia é o MAGOSTO, unha data na que rendemos homenaxe á CASTAÑA. Velaquí algunhas mostras do labor de voluntariosos rapaces de 1º ESO decorando a biblioteca.
martes, 11 de novembro de 2014
1º QUIZ: "CAPITÁN CALZONCILLOS"
Agora que xa levamos máis de dous meses de cursos, xa empezamos a descubrir as vosas preferencias literarias. Para refrescar a memoria déixovos neste blog un QUIZ (concurso de preguntas) sobre o libro "EL CAPITÁN CALZONCILLOS Y LAS AVENTURAS DE SUPERPAÑAL". Facédeo con ATENCIÓN, pois haberá premio para a persoa gañadora.
luns, 10 de novembro de 2014
CONTACONTOS: QUE CONTAN AS OVELLAS PARA DURMIR?
Velaquí unha imaxe do contacontos que realizamos para 2º Primaria o pasado xoves e venres. Grazas a un público tan entusiasta e colaborador.
HEMEROTECA
O MOUCHIÑO informa:
Tedes á vosa disposición, compañeiros e usuarios da biblioteca escola un servizo de hemeroteca para poderdes ler as vosas revistas favoritas: Aguilucho, OKAPI, Reportero DC....
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)