luns, 23 de marzo de 2015

SEMANA DO CÓMIC (V)

Xa quedan poucos días para as vacacións da Semana Santa e, precisamente, nesta última semana do segundo trimestre seguimos dándolle un pulo á Semana do Cómic. Esta mañá alumnos de Infantil leron, en compañía das súas profesoras, distintos cómics dos Bolechas e fixeron unha foto para recorda-lo seu paso pola biblioteca nesta semana.
Pero, antes ca eles, os alumnos de 1º ESO B, visitáronnos a primeira hora da mañá e deron durante un bo anaco de tempo distintos cómics publicados en galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario