martes, 19 de xaneiro de 2016

ESTATÍSTICAS: AUTORES MÁIS LIDOS

Hoxe tócanos facer números e estatísticas. Repararemos nesta ocasión nos títulos e autores más lidos polos rapaces do centro. Velaquí a nosa listaxe dos autores máis lidos.
Pepe Carreiro. O autor da colección Os Bolechas segue sendo un curso máis o escritor máis lido polo alumnado do centro. 300 préstamos de libros dos Bolechas confírmano como autor en lingua galega máis lido no centro, sendo o libro Os Bolechas educan a Pepiño Chispa o máis requerido.
Gerónimo Stilton e Tea Stilton. A autora Elisabetta Dami cos seus pseudónimos referidos segue sendo unha escritora de referencia para rapaces de 7 e 8 anos. No que vai de curso, rexistramos 263 préstamos de libro da autora.
Violeta Denou. A coñecida escritora da colección TEO é unha das máis lidas polos primeiros lectores. 60 préstamos de libros da autóra convértena en escritora de culto para os que se inician na lectura.
4º Ludger Jochmann (tamén coñecido co pseudónimo de Knister) é escritor de referencia sobre todo para rapaces de 8 anos en adiante. 63 préstamos do autor (sobre todo, da colección Kika Superbruja)eríxeno nesta cuarta posición.
Jeff Kinney. O coñecido autor da serie "Diario de Greg" é un autor de culto para rapaces de 9 anos en adiante. 60 préstamos de libros da colección referida convérteno no autor preferido dos rapaces de 4º, 5º e 6º Primaria.

martes, 12 de xaneiro de 2016

SELECCIÓN DE LIBROS EN INGLÉS

Xa remataron as vacacións de Nadal e o Mouchiño xa está de volta. O Mouchiño xa tiña ganas de volver á vosa biblioteca con renovados ánimos e vitalidade. Esperamos contar coa vosa colaboración, presenza e ilusión neste ano 2016. O Mouchiño está argallando sorpresas para este segundo trimestre. Irémolas avanzando en canto el nos dea o seu consentimento.


Polo momento, o Mouchiño tráenos unha selección de libros en inglés e anímavos a que os leades.