venres, 23 de outubro de 2020

✨ SEMANA RODARI E DÍA DAS BIBLIOTECAS ✨

Poñemos fin a unha semana moi especial para a nosa biblioteca escolar, con motivo do centenario do nacemento do maestro Gianni Rodari e aproveitando que o sábado é o día das Bibliotecas fixemos uns talleres de escritura creativa baseado na súa “Gramática da Fantasía” nas aulas de 5º e 6º de Primaria nos que o alumnado soubo amosar as súas dotes creativas inventando historias fantásticas ao máis puro estilo Rodari.






martes, 20 de outubro de 2020

NOVIDADES NA BIBLIO MÓBIL!

Que marabilla poder dispoñer de novos títulos na nosa biblio móbil!, o flamante carro que percorre as aulas de primeiro e segundo de EP para achegarlles os contos máis molóns! 


Incorporamos ao noso catálogo, a colección Miranda de Edelvives, unha colección fermosísima de relatos sobre as vidas dalgunhas das mulleres máis influentes da historia, contos para Samaín, Nadal, para aprender a crear cómics, para axudar a  relaxarnos ... etc non volos perdades!

Saudiños lectores! 😍 

martes, 13 de outubro de 2020

PRESENTACIÓN EN PRIMEIRO

O alumnado de primeiro de Educación Primaria iníciase no uso da biblioteca! Xa teñen os seus novos carnés e un longo e florecente camiño lector cheo de aventuras por diante!  


Aquí vos deixo un pequeno vídeo de presentación que lle puxemos aos máis cativos
nas aulas sobre o funcionamento da nosa biblio 😊



Vémonos na biblio! 😙

xoves, 1 de outubro de 2020

BOA VIAXE QUINO! 💖

Onte deixábanos o historietista e humorista Quino, un dos máis importantes do século XX e o máis internacional. Creador da mítica Mafalda, unha nena intelixente e irónica preocupada pola paz mundial, os dereitos humanos a xustiza... que sempre tiña algunha pregunta incómoda para facerlle aos adultos.

Aquí vos deixo algunhas viñetas dos seus cómics: 











Se queredes saber máis sobre esta pequena pásadevos pola biblio a ollar algún dos seus fabulosos cómics!

Saudiños lectores 😉

xoves, 17 de setembro de 2020

EN BREVE ... ARRINCAMOS!

Moi boas! 

Sodes moit@s @s que estades desexando voltar a biblio a polos vosos contos favoritos, @s que estades desacougad@s por non ter o buraco no carné, ou @s que queredes ver as novidades para o novo curso.

Este ano arrincamos os servizos da biblio un pouquiño máis tarde (outubro) xa que temos que traballar na seguridade nas aulas e nos procedementos e idear súper-actividades acordes coa nova situación, namentres vos deixo outro petisco de novidades.

Os catro exemplares de arriba son para lectores a partir de 10 anos, gomet verde 💚, e os cinco de abaixo son para 8 anos, gomet vermello 👹.

Polo de agora ... vémonos nos corredores e nas aulas! 😘

luns, 7 de setembro de 2020

RESPONSABILIDADE E CONFIANZA

Conta atrás rapazada! Este xoves xa comezades algúns de vos a incorporarvos ás aulas!

Dende a biblio estamos a traballar para que a vosa volta sexa segura e tranquila, porque a cultura segue, e nós seguimos adiante cumprindo coas medidas  dos protocolos oficiais marcados polas autoridades educativas e sanitarias.


Saudiños lectores!😗