venres, 19 de decembro de 2014

RECOÑECEMENTOS E GALARDÓNS

Estimados usuarios da biblioteca: O Mouchiño quere agradecervos a todos vós a compañía que lle fixestes neste tempo....e, para seguir coa tradición, quere agasallarvos antes de marchardes de vacacións coa entrega de premios á clase máis lectora e ao alumno máis lector. Agárdovos na cerimonia. Os gañadores como a clase máis lectora neste primeiro trimestre foron 1ºB Primaria, seguidos de 2ºC e de 1ºC Os galardoados cos premios aos máis lectores foron: 1º Aníbal L. L. (5ºB) 2º Xoel N. L. (5ºB) 3º Carolina G. M (2ºC) Por último, no concurso QUIZ sobre o libro "MESA, TRÁGAME" acadaron os primeiros postos os seguintes alumnos: 1º María V. R (2ºC) 2º Antía (2ºB) 3º Emma B. M. (2ºC) A todos os homenaxeados e aos seus compañeiros....... BO NADAL

xoves, 18 de decembro de 2014

mércores, 17 de decembro de 2014

UN NADAL DE NOSO (II)

Os alumnos de 1º ESO A continúan elaborando o seu grande mural como homenaxe a estas festas tan entrañables:

martes, 16 de decembro de 2014

UN NADAL DE NOSO (I)

As tradicións son un importante legado cultural que é preciso manter para que non esmoreza. Conscientes deste patrimonio inmaterial que temos, os alumnos de 1º ESO comezaron a realizar un grande mural na biblioteca destinado a que os costumes do noso Nadal non desaparezan.

luns, 15 de decembro de 2014

ÁRBORES DE NADAL GRÁFICAS (II)

O venres pasado tocoulle a quenda a 6ºB de Infantil. Os rapaces deste curso asistiron á biblioteca para celebrar connosco o Nadal. Primeiramente, escoitaron atentos unha sesión de contacontos protagonizada polo libro "La Navidad de Emilio y Lilú" (da editorial Edelvives). Rematada a devandita actividade, os rapaces continuaron coa aprendizaxe da lectoescritura desexándonos un "BO NADAL" e unha "FELIZ NAVIDAD" logo de pega-las letras correspondentes en siluetas de árbores feitas con cartolina.
Logo de expresarnos as correspondentes felicitacións de nadal, os rapaces elixiron o regalo que máis lles gustaría recibir neste nadal: COCHES

mércores, 10 de decembro de 2014

AS ÁRBORES DE NADAL "GRÁFICAS" (I)

Os alumos de 6ºA de infantil asistiron a un contacontos..........


e quixeron felicitarnos o Nadal.....................................

LENDO NO NADAL

Velaquí unha pequena selección de libros para que leades os máis cativos durante o Nadal. FELICES FESTAS

.

venres, 5 de decembro de 2014

RECORDANDO AS NOSAS TRADICIÓNS DE NADAL (III)

Esta mañá uns entusiastas alumnos de 6ºC co seu profesor Rubén descubriron algunhas das nosas tradicións do Nadal. Queremos darlle as grazas polo seu bo facer.

Pola tarde clausurou esta semana dedicada á tradicións galegas a clase de 6º B:

mércores, 3 de decembro de 2014

martes, 2 de decembro de 2014

RECORDANDO AS NOSAS TRADICIÓNS NO NADAL (I)

Hoxe os alumnos de 6ºA convertéronse en expertos etnógrafos e fixeron uns murais sobre as tradicións propias de Galicia no nadal: os tizóns do Nadal, o Apalpador...

RECORDANDO AS NOSAS TRADICIÓNS DE NADAL: O APALPADOR

Os alumnos de 5ºA comezaron o mes de decembro coñecendo na biblioteca do colexio a unha das figuras lendarias do nadal galego: o Apalpador.
Logo de ver uns vídeos introdutorios, os rapaces elaboraron uns pequenos collages en cartolina dedicados a este persoeiro do Nadal.

luns, 1 de decembro de 2014

O NADAL

Comeza o mes de Nadal, o derradeiro mes do ano, e nesta semana os alumnos de 5º e 6º Primaria visitarán a biblioteca para festexar esta data tan entrañable.

mércores, 26 de novembro de 2014

SEGUIMOS INDAGANDO...

Os nosos interesados paleontólogos de 4ºA indagaron en busca do animal prehistórico agochado e na evolución dos homínidos.

martes, 25 de novembro de 2014

EXPOSICIÓN: A PREHISTORIA E A EVOLUCIÓN HUMANA

Esta mañá os alumnos de 4ºC visitaron a exposición sobre a prehistoria que temos na biblioteca escolar. No seu percorrido cara ao pasado contaron con tres guías de luxo (Sara, África e José de 1º ESO C) que nos ilustraron cos seus coñecementos sobre a vida prehistórica.
A visita guiada concluíu coa participación dos rapaces e rapazas nos dous concursos que temos en marcha (Animais extintos e ¿Quen é quen?), dos que xa vos falamos en publicacións anteriores.

luns, 24 de novembro de 2014

CLAUSURA SEMANA DOS DEREITOS DO NENO

Velaí o mural que deseñaron os rapaces de 1º, 2º e 3º Primaria sobre os Dereitos do Neno. Grazas pola vosa colaboración.

xoves, 20 de novembro de 2014

¿QUEN É QUEN? / ANIMAIS EXTINTOS

Dende o luns está a vosa disposición na biblioteca o CONCURSO: QUEN É QUEN?, un xogo divertido para descubrir máis sobre os homínidos. Animádevos a participar e probade sorte.
Paralelamente temos na biblioteca outro concurso en marcha sobre ANIMAIS EXTINTOS. Intentade descubrir o nome do animal que está ao lado do interrogante:
RESPOSTA: ____________________________

SEMANA DOS DEREITOS DO NENO:3ºB e 1ºC

Onte, mércores 19 de novembro os alumnos de 3º Primaria B quixeron achegar o seu gran de area á efeméride que celebramos hoxe.
Os alumnos de 1º C de Primaria tamén se quixeron unir aos festexos deste día que cómpre non esquecer en todo o ano.