luns, 25 de maio de 2015

O MALVADO TRUFÓN


Tres gatiños escapan ao bosque e soben a unha árbore. Cerca deles, o malvado Trufón coloca uns cactos debaixo da árbore, prende o lume e pon una serpe. Pobres gatiños!

A raíña non atopa os gatos e pídelle auxilio á policía. A policía atopa os gatiños no bosque. Levan canda eles aos seus cans, adestrados para importantes misións. Onde estarán os gatiños? A policía descobre que Trufón intenta matar os gatiños para poder someter o reino.

A policía arresta ao malvado Trufon e, entón, a Raíña dálle un premio: o premio á mellor policía desde hai cincuenta anos. Grazas!
Como homenaxe, a Raíña tamén ordena facer un monumento da policía salvando aos gatiños. Grazas a eles, os gatiños están salvados.

Autora: Claudia S. (3º Primaria)

Ningún comentario:

Publicar un comentario