luns, 25 de maio de 2015

OS LIBROS E AUTORES MÁIS LIDOS

Quedan poucas semanas para o remate do curso e consideramos que é bo momento para analizar os datos fornecidos polo programa Abies 2.0 sobre os autores e libros máis lidos.

A día de hoxe, 25 de maio, realizáronse 4978 préstamos de libros entre os rapaces. Entre os devanditos libros prestados elaboramos unha clasificación cos autores máis lidos.

En canto ao blog da biblioteca, publicamos ao longo deste curso 99 entradas e recibimos unas 1284 visitas. Agardamos incrementar estes datos proximamente.

RÁNKING AUTORES MÁIS LIDOS:

Pepe Carreiro (399).- A colección dos "Bolechas" é, sen dúbida, o libro en galego más lido polos rapaces de 1º a 3º Primaria. A Semana do Cómic contribuíu tamén a que sexa o autor máis lido do colexio Marista.


Liesbet Slegers (330).- A colección "Nacho y Laura", "Iago e Uxía" e "Tom and Karen" converten a esta ilustradora belga na segunda máis lida entre os primeiros lectores.


Gerónimo Stilton (303).- É o autor máis lido entre nenos de 7 anos en adiante.


Francisco Ibáñez (176).- A colección de cómics "Mortadelo y Filemón", conseguen que este autor acade o cuarto posto, grazas a lectores de 8 anos en diante.


Renné Goscinny (158).- Quen non leu nunca un cómic de "Astérix e Obélix"? Este é, sen dúbida, un dos autores de banda deseñada máis lidos entre os máis novos.

...

16º Juan Ramón Jiménez (45).- A Semana Temática da Biblioteca reavivou o interese polo autor de "Platero y yo".

Ningún comentario:

Publicar un comentario