mércores, 23 de marzo de 2022

LEDICIA COSTAS 📚💐

A pasada semana tivemos a sorte de contar  no colexio cunha das nosas escritoras de cabeceira, Ledicia Costas, creadora da marabillosa Señorita Bubble, de Escarlatina, a cociñeira cadáver, A balada dos unicornios, Vampira de biblioteca e  un prolífero etc. 


A autora falounos das personaxes dos seus libros, das súas fontes de inspiración e de cando e como comezou a escribir,  e como unha mala nota nun exame empurrouna a escribir e a publicar o seu primeiro libro.


A Ledicia gústalle comer chocolate, xogar a Nintendo e visitar cemiterios, ficou abraiada cunha boneca que lle regalaran de pequena, unha Nancy Selene que marcaría dun xeito moi claro a súa traxectoria como escritora.

Grazas Ledicia por compartir connosco esas anécdotas e vivencias que de nena, fixéronche ser a muller e a escritora que agora és.

🤍✨💐


Ningún comentario:

Publicar un comentario