martes, 3 de novembro de 2015

O SAMAÍN

Logo da Semana das Bibliotecas Escolares, case sen tempo para respirar, preparámonos para celebrar o Samaín. Con motivo deste festexo, un grupos de usuarios da biblioteca asiduos axudáronnos coa decoración da nosa biblioteca.
O xoves pasado, recibimos a visita dos tres grupos de 1º ESO. Os rapaces e rapazas deste curso viron un vídeo-explicativo sobre o Samaín e logo elaboraron cadanseu panel informativo sobre o Samaín en cartulinas. Velaquí o resultado do seu traballo. FELIZ SAMAÍN.

Ningún comentario:

Publicar un comentario