Mañá dará comezo a feira do libro na nosa cidade e poderedes gozar dunha extensa programación de actividades paralelas como encontros con autores, espectáculos, contacontos etc. Podedes ver toda a programación facendo clic na imaxe! 😁
xoves, 30 de xuño de 2022
xoves, 23 de xuño de 2022
FELICES VACACIÓNS! 🌞🍧
Onte rematou o curso e tod@s estamos moi emocionados co comezo das vacacións! Temos un longo verán por diante que haberá que aproveitar ao máximo posible, algúns de vos viredes ao campamento e seguiremos a mirarnos as caras durante un tempo máis e outr@s estaredes mergullad@s nalgunha piscina ou no mar dunha fermosa praia, pero tod@s gozaremos dun merecido descanso das obrigacións e tarefas. Dentro dese merecido descanso, entre trasnada e trasnada, tratade de atopar tempo para unha boa lectura de verán, unha nova aventura de Stilton, un misterio dos Compas ou algunha argallada de Anna Kadabra ... máis adiante xa vos deixarei por aquí algunhas recomendacións.
Bo Verán!
Boas lecturas!
Atopade un libriño amigo e xa me contaredes.
Ata o curso que ven! Vémonos na biblio! 😊
martes, 31 de maio de 2022
GAÑADOR@S CONCURSO DÍA DO LIBRO!👏👏👏
Por fin temos @s gañador@s do concurso do día
do libro! e son @s que seguen:
Na categoría de Educación Infantil, o gañador é Brais Haro Fernández de 4ºB coa súa cuncha de peregrino e temos de agasallo para el unha caixa con material escolar para que siga gozando das manualidades.
No Primeiro Ciclo de Educación Primaria a gañadora é Elvira Santín Fernández de 2ºA coa mascota “Frechi”.
No Segundo Ciclo de Educación Primaria a
gañadora é Sofía Bouzas Bobos coa súa mascota “Pulpigrino”.
E rematamos co Terceiro Ciclo, coas gañadoras do TikTok do camiño, Victoria Pérez Lucchini (5ºC), Ainara Villar Martínez (5ªC) e Carla Lago Darwich (5ºB).
Para todas elas e para as demais gañadoras de Educación Primaria o premio é entradas de cine e flocos de millo!
Grazas a tod@s pola vosa participación e pola vosa creatividade! Parabens para tod@s!
Vémonos na biblio 😘
luns, 16 de maio de 2022
LETRAS GALEGAS 2022 🎇💙📔
Na web primaveradasletras.gal tedes info sobre a súa vida e obra ademais de material e recursos molóns para xogar e pintar.

mércores, 11 de maio de 2022
SEMANA DA BIBLIOTECA ❤📚
Este curso a Semana da Biblioteca dedicouse ao Camiño de Santiago, a biblio converteuse na
Catedral e o alumnado peregrinou dende as súas aulas ata chegar ao final do
camiño e acadar a Compostela.
O noso alumnado gozou de contacontos,
audiovisuais e actividades, os contos Bo camiño Valentiño! e Marosa
e Mariña camiñan a Compostela foron os escollidos para as sesións de
infantil e primeiro ciclo de primaria, cos máis maiores fixemos un Concurso do
Camiño no que tiveron que acumular selos dos albergues para acadar o Certificado
do Peregrino.
Doutra banda déixovos unhas fotos dunha mostra do espléndido material
que nos chegou para o concurso do día do libro, ao equipo PLEI custounos un
mundo elixir aos finalistas e xa non queda nada para coñecer aos gañador@s!
BO CAMIÑO PEREGRIN@s!
xoves, 7 de abril de 2022
CONCURSO DÍA DO LIBRO 🏆
Amiguis!
a que agardades para preparar as vosas propostas para o concurso do día do
libro?
O
alumnado de Infantil pode decorar unha cuncha de vieira como máis lle guste, o
de Educación Primaria (1º ata 4º) poden deseñar e presentarnos unha Mascota Xacobea, co seu nome
e a súa historia, e por último o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e a E.S.O.
podedes ir argallando un TikTok ou calquera outro vídeo cunha historia sobre o
camiño.
Poñédevos
creativ@s e imaxinativ@s que iso é o que imos premiar!
Máis info na biblio! 😎
mércores, 30 de marzo de 2022
NOVIDADES PRIMAVERAIS 🌻📖
Ao igual ca primavera voltan as novidades a nosa biblio!
E que agradecid@s estamos con esta achega do ANPA do colexio en forma de libriños molóns, libros que chegan para completar coleccións e agromar ilusións! 😊
Pero... que era o que quereriades?
Ah estupendo! pois podedes dispoñer deles a partir desta semana e mentres botádelle unha ollada ao seguinte vídeo!
Saudiños lectores! 😚