mércores, 16 de xaneiro de 2019
MARCOS CALVEIRO
Os alumnos de 4º Primaria recibirán no colexio a visita do autor Marcos Calveiro. Estamos traballando coa mente posta na súa chegada.
martes, 18 de decembro de 2018
PARA ESTE NADAL...
Todos estamos ilusionados coa chegada das vacacións do Nadal. Por este motivo, o Mouchiño fixo unha selección de libros para estas datas tan sinaladas.
luns, 3 de decembro de 2018
NADAL
Comeza o mes de decembro. Os estudantes móstranse moi nerviosos ante os derradeiros exames do ano e afrontan con ilusión a chegada das vacacións de Nadal. Na biblioteca escolar quixemos poñer o noso gran de area neste mes tan entrañable de reencontros familiares.
xoves, 22 de novembro de 2018
martes, 20 de novembro de 2018
SEMANA DOS DEREITOS DO NENO (I)
Hoxe é un día sinalado. Como ben sabedes, o 20 de novembro celebramos o Día dos Dereitos do Neno.
Para resaltar a importancia desta data tan especial e importante para a infancia, desde a biblioteca escolar realizamos una sesión de contacontos do libro O neno sen nome, da colección "Os Dereitos do Neno e da Nena" (Baía Edicións)
Para resaltar a importancia desta data tan especial e importante para a infancia, desde a biblioteca escolar realizamos una sesión de contacontos do libro O neno sen nome, da colección "Os Dereitos do Neno e da Nena" (Baía Edicións)
Logo do contacontos, cada clase de 1º Primaria (A, B, C) realizará un mural conmemorativo que decorarán con cores mentres que a clase de 2º Primaria que conteña a mesma letra aportarán texto dos distintos artigos da Declaración dos Dereitos do Neno.
Para unha mellor comprensión da data significativa que celebramos, proxectamos na biblioteca un vídeo divulgativo dos dereitos do neno.
xoves, 15 de novembro de 2018
SEMANA DOS DEREITOS DA INFANCIA
Coa proximidade da Semana dos Dereitos do Neno, que se celebra o 20 de novembro, realizamos una selección de libros para que lles botedes unha ollada.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








