martes, 13 de outubro de 2020

PRESENTACIÓN EN PRIMEIRO

O alumnado de primeiro de Educación Primaria iníciase no uso da biblioteca! Xa teñen os seus novos carnés e un longo e florecente camiño lector cheo de aventuras por diante!  


Aquí vos deixo un pequeno vídeo de presentación que lle puxemos aos máis cativos
nas aulas sobre o funcionamento da nosa biblio 😊



Vémonos na biblio! 😙

xoves, 1 de outubro de 2020

BOA VIAXE QUINO! 💖

Onte deixábanos o historietista e humorista Quino, un dos máis importantes do século XX e o máis internacional. Creador da mítica Mafalda, unha nena intelixente e irónica preocupada pola paz mundial, os dereitos humanos a xustiza... que sempre tiña algunha pregunta incómoda para facerlle aos adultos.

Aquí vos deixo algunhas viñetas dos seus cómics: 











Se queredes saber máis sobre esta pequena pásadevos pola biblio a ollar algún dos seus fabulosos cómics!

Saudiños lectores 😉

xoves, 17 de setembro de 2020

EN BREVE ... ARRINCAMOS!

Moi boas! 

Sodes moit@s @s que estades desexando voltar a biblio a polos vosos contos favoritos, @s que estades desacougad@s por non ter o buraco no carné, ou @s que queredes ver as novidades para o novo curso.

Este ano arrincamos os servizos da biblio un pouquiño máis tarde (outubro) xa que temos que traballar na seguridade nas aulas e nos procedementos e idear súper-actividades acordes coa nova situación, namentres vos deixo outro petisco de novidades.

Os catro exemplares de arriba son para lectores a partir de 10 anos, gomet verde 💚, e os cinco de abaixo son para 8 anos, gomet vermello 👹.

Polo de agora ... vémonos nos corredores e nas aulas! 😘

luns, 7 de setembro de 2020

RESPONSABILIDADE E CONFIANZA

Conta atrás rapazada! Este xoves xa comezades algúns de vos a incorporarvos ás aulas!

Dende a biblio estamos a traballar para que a vosa volta sexa segura e tranquila, porque a cultura segue, e nós seguimos adiante cumprindo coas medidas  dos protocolos oficiais marcados polas autoridades educativas e sanitarias.


Saudiños lectores!😗

martes, 1 de setembro de 2020

BENVIDO SETEMBRO!

Benvido Setembro! que pouco falta para o comezo das clases e que ganas temos por aquí de vervos a tod@s! Mentres tanto seguimos coas novidades, aquí vos deixo un adianto de novos títulos para estrear!


Saudiños lectores! 😗

martes, 18 de agosto de 2020

SAÚDOS DE MÍA

Ola queridiñ@s! que feliz estou de publicar este vídeo que nos envía a compañeira Mía de 1º de Primaria xunto con esta agarimosa mensaxe:

Holaaaa!!!

Espero que estéis todos bien y disfrutando tanto del verano como nosotras! 
Ahí os dejo un vídeo que le hacía muchísima ilusión hacer para vosotros.
Un beso enorme!  ❤️⭐️🌈😘😘  


Moitas grazas Mía!❤

Se queredes enviarnos algunha mensaxe, fotos ou videos lembrade que podedes facelo a bibliomaristasvigo@gmail.com

Saudiños lectores! 😚

luns, 13 de xullo de 2020

EL INCREIBLE NIÑO COMELIBROS

Moi bo día rapazada! Cómo van esas vacacións?! Non vos esquezades de "papar" algún libro que outro entre mergullada e mergullada! ñam! 😉